O 29 de setembro arrincan as Escolas Deportivas en Porto do Son

16 Setembro 2025

Xa temos na Rede a relación de actividades deste curso que vén de comezar relativa ás Escolas Deportivas de Porto do Son, que arrincan oficialmente o vindeiro 29 de setembro e que abren o prazo de inscrición ese mesmo día (presentando ao monitorado as follas de inscrición cumprimentadas).

Haberá actividades no Pavillón de Santa Irene (predeporte, acrobacias, zumba infantil, mantemento de maiores, pilates, cross training, total training), en Portosín (zumba infantil, zumba adultos, bike, pilates e cross training), en Miñortos (ioga, mantemento de maiores, circuit training), Queiruga (pilates), Caamaño (mantemento de maiores), Xuño (mantemento de maiores, cross training, predeporte, pilates) e San Pedro (mantemento de maiores).

As inscricións realizaranse dende o 29 de setembro, pero as Escolas Deportivas estarán abertas todo o ano, até o remate do curso 2026, segundo confirmaron dende a Área de Deportes do Concello.

Quen desexe máis información tena na Concellaría de Deportes: no teléfono 981 76 75 89 e na conta deportesdoson@gmail.com.

Tarifas ordinarias das Escolas Deportivas municipais segundo ordenanza. 

1º actividade: 66 euros

2º actividade: 33 euros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.