Alerta máxima no litoral galego na noite deste xoves ao venres: activado o aviso vermello por un forte temporal costeiro con ondas de ata sete metros

22 Outubro 2026

O paso dunha nova borrasca deixará refachos de vento superiores aos 80 km/h, choivas xeneralizadas durante a noite e a suspensión de toda a actividade deportiva no mar.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activar a alerta vermella por temporal costeiro para a noite deste xoves ao venres en toda a franxa marítima de Galicia. A chegada dunha fronte asociada a unha nova borrasca provocará un rápido empeoramento do estado da mar, con ondas que poderán acadar os sete metros de altura e fortes refachos de vento tanto no litoral como en zonas altas do interior.

Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) e de MeteoGalicia, o episodio adverso impactará con especial forza no litoral da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das primeiras horas da noite, con mar combinado do noroeste de ata sete metros e vento do oeste de forza oito. No caso da costa de Pontevedra, a premonición sinala ondas de ata seis metros e refachos de suroeste de forza sete desde as primeiras horas da madrugada.

A situación marítima adversa vén precedida por avisos por vento en terra. A Coruña e Lugo atópanse esta tarde en niveis amarelo e laranxa por refachos do suroeste que superan os 70 e 80 km/h, especialmente nas comarcas do oeste e noroeste coruñés e nas cotas altas da Mariña. O cadro meteorolóxico completarase cun aumento notable da nubosidade que derivará en precipitacións xeneralizadas ao longo da madrugada en toda a comunidade, sen variacións salientables nas temperaturas.

Como medida preventiva, a Xunta cancelou todas as actividades deportivas no mar —tanto do programa escolar Xogade coma as federadas— nas áreas costeiras afectadas. A través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes deu traslado da alerta a concellos, deputacións, agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos.

As autoridades reiteran o chamamento á poboación para extremar as precaucións: afastarise de diques, rompentes, praias e paseos marítimos, evitar calquera aproximación á liña de costa e revisar os cabos e puntos de amarre das embarcacións nos portos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.