Os axentes sorprenden en Noia unha condutora durmindo ao volante e duplicando a taxa legal de alcol en sangue

16 Setembro 2025

Na quenda de mañá do sábado día 14 de setembro, axentes da Policía Local de Noia sorprenderon a unha condutora que se atopaba durmindo aos mandos do volante do seu vehículo.

Os axentes informaron que logo de facer as comprobacións oportunas, apreciáronse na condutora síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que trala práctica das probas regulamentarias comprobouse que case duplicaba a taxa legalmente establecida.

A Policía Local de Noia lembra que o alcol e as drogas estaban presentes no 48’2% de accidentes con condutores falecidos en España ao longo do 2024.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.