Este mércores abre o prazo de inscricións da Ludoteca Municipal de Porto do Son

16 Setembro 2025

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (este mércores 17 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 29 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada de 6 a 12 anos (a elixir o luns, o martes ou o mércores) e para as crianzas de 3 a 5 (a elixir o xoves ou venres). A Ludoteca Municipal estará operativa en horario de tarde, de 16.30 a 19.30 horas. O prazo de inscricións permanecerá aberto ata completar prazos. Os datos persoais deberán achegar no rexistro municipal ou a través da sede electrónica municipal de Porto do Son. As prazas serán outorgadas por orde de inscrición. O venres 26 de setembro publicarase a primeira relación de admitidos podendo consultarse na propia Ludoteca.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.