Martes 16, máis sol e ascenso das temperaturas máximas

15 Setembro 2025

Galicia volverá este martes, Santa Eufemia, á influencia das altas presións, o que deixará unha xornada de tempo máis estable.

As primeiras horas estarán marcadas pola presenza de néboas en comarcas do interior, que irán desaparecendo co avance da mañá. A continuación, os ceos quedarán despexados en xeral, con nubes medias e altas que non impedirán a presenza do sol.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas rexistrarán un moderado ascenso, favorecendo unha sensación térmica máis agradable ao longo do día.(26-27 graos).

No relativo ao vento, soprará de nordés frouxo en xeral, con intervalos de moderado no litoral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.