Avelino González leva a Dodro, este sábado 20, o seu espectáculo “Chistes que foron contos”

16 Setembro 2025

Esta vindeira fin de semana temos unha cita en Dodro co contador e actor Avelino González, que vén co espectáculo Chistes que foron contos. A cita será este 20 de setembro ás 17.00 horas no Pavillón de Deportes. Trátase dunha actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña. Nela, o autor rende homenaxe ás historias baseadas nos contos vellos: de curas, ricos, políticos, … que hoxe mudaron as formas pero non os contidos nin o fondo:

Avelino González

Actor, contador, monologuista, tradutor… Avelino González é o que faga falta. Empezou nisto por casualidade e agora gústalle incluso picar entradas. Gústalle entreter á xente con personaxes e historias que emocionen e divirtan porque a el tamén lle gusta que o emocionen e o divirtan.

En televisión ten actuado en series como Serramoura, Pazo de Familia ou Padre Casares para a TVG e na TVE1 en Hospital central, Cuéntame ou Seis hermanas. Ademais de diferentes traballos para cine ou series web. En teatro actúa, dirixe e traduce, tendo varios premios por obras como Bicos con Lingua ou Comedia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.