“Miña dorniña dorna, miña dorna de vela”. Antón Luaces

21 Xullo 2025

Disque procede da Alta Idade  Media e que a súa estampa está moi influenciada polas embarcacións de  construción nórdica (viquingas, en concreto). 

A dorna, á que sempre se tributou agradecemento nas Rías Baixas porque quitou moita fame á poboación desta ampla zona mariñeira, ven sendo obxecto de sincero agradecemento especialmente desde os últimos anos 40 do pasado século, cando un grupo de veciños constituiu a Real Cofradía da Dorna cuxo obxectivo primordial era dotar a unha familia que o precisara dun excepcional medio de traballo por medio do cal poder acadar uns mínimos ingresos económicos para a sustentabilidade familiar. Esa institución -da que foron base fundamental, entre outros, o farmacéutico local Emilio Fernández de Sanmamed Hermo e o mestre santiagués e colaborador do xornal El Pueblo Gallego Juan Emilio Álvarez de Prado -o que elaborou o primeiro deseño dunha dorna para os cartaces anunciadores  da mencionada “Festa da Dorna” (que no ano en curso vive o seu LXXVII aniversario (sinjladura, na línguaxe dorneira). Con eles, outros coñecidos riveirenses que aportaban axudas económicas para a adquisición dunha dorna de algo máis de 4,50 metros de eslora por 1,50 metros de manga que se matriculaba na comandancia de Mariña de Vilagarcía e que sempre levaba o nome de “Virgen del  Carmen”,  seguido do número ordinal correspondente. 

A dorna é o símbolo da hoxe en día Real e Ilustre Confraría, que evoluiu de tal xeito que, co paso do tempo e a mellora da economía e das condicións de traballo, deixou de entregar anualmente esa ferramenta de traballo que é a dorna, para converter esta nun motivo de exaltación da embarcación tradicional ao través de actos culturais, festivos, musicais, deportivos,, etc,. con participación de toda a veciñanza de Ribeira e a comarca do Barbanza. 

Aquel que era “baile de sociedade” nas instalacións do Círculo Mercantil (que se  celebraba no primeiro andar do edificio do Banco da Coruña, dende vai anos Banco de Bilbao) pasou a se celebrar na “pista” da sala de festas Cambeiro. E, co paso dos anos, incrementando o número de días e actividades a desenvolver: da tarde-noite do 24 de xullo inicial, aos oito días deste ano 2025, coa dorna presidindo todo ser e dicir desde o “cufiño de proa”, á convertida, desde o ano 2005, en Festa de Interese Turístico de Galicia na que participan xente procedente de distintos lugares de España, Europa e América.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...