“Maricarme: non estás soa. Hai máis que políticos para decidir” – Antón Luaces

24 Setembro 2026

Maricarme é unha muller de 87 anos que, dende vai 71, residía no que fora o piso alugado polos seus pais no barrio madrileño do Retiro. Cunha renda antiga de 500 euros, a sociedade propietaria da vivenda pretende pase a aboar tres veces máis, aínda sendo sabedores de que a súa pensión é de 1.300 euros mensuais, co obxectivo de lle fixar preto de 2.500 para que abandone por vontade propia a vivenda. Onte polo mediodía.. Unha ambulancia evacuou a Maricarme a un centro médico da capital de España. Foi un desaloxo contra o que milleiros de madrileños se manifestaron nunha concentración levada a cabo na mesma rúa na que se atopa o ático que se di foi adquirido para uso da presidenta da Comunidade madrileña, Isabel Ayuso.

De nada valeron as protestas veciñais  polo desafiuzamento de Maricarme. A Policía Nacional non tivo miramentos á hora de obedecer a decisión xudicial, cargando repetidamente  contra os concentrados. Horas máis tarde, xa entre o lusco e o fusco madrileño milleiros de gorxas berraron “Maricarme, non estás soa”.

Non. Como tantas outras persoas, por exemplo en Galicia que, sen solución habitacional, víronse e aínda se ven obrigadas a abandonar a vivenda que ocupaban, para que deixara que o propietario rompa o contrato de arrendamento e o arrendatario fixera o que quixera, pero fóra da vivenda alugada.

Diante desta situación, o Goberno pisa o acelerador para aprobar xa o decreto de vivenda, forzado polo impacto do desafiuzamento de Maricarme. Sumar, Podemos e ERC cargan contra a xestión do Executivo e reclaman medidas para evitar situacións como a da veciña de Madrid. Por exemplo, aprobando o decreto de vivenda que permanece bloqueado na Cámara desde que PP, Vox e Junts non outorgaran o seu apoio ao mesmo.

Pedro Sánchez emprazou aos partidos a que apoien o citado decreto de vivenda: “O desafiuzamento de Maricarme é -dixo- unha traxedia que non podemos aceptar”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.