O Centro Cultural Lustres Rivas será escenario dunha nova exposición a partir deste martes 11 de outubro: a mostra Xanelas, do fotógrafo José Luis Rodríguez Ruza (Guadalaxara, 1952). A proposta está formada por unha escolma de instantáneas tomadas entre 2020 e 2022...
Manuel Gago Pérez presenta en Boiro, este venres, Galeóns, vapores e motoras
Este venres 14 de outubro o escritor e historiador palmeirán Manuel Gago Pérez vai presentar en Boiro o seu libro Galeóns, vapores e motoras. Será ás 19.30 horas no Pazo de Goiáns. O evento inclúe unha xornada guiada ao Pazo recentemente remodelado (ás 19.30 horas) e...
Xisco Feijóo presenta Peixe no Pazo de Goáns (este sábado ás 21h)
O músico Xico Feijóo (sobrenome de Francisco Javier Feijóo Álvarez, mestre na Escola de música Folk e Tradicional de Vigo), presenta o seu novo traballo discográfico Peixe este sábado 8 de outubro no Pazo de Goiáns, en Boiro. Será a partir das 21.00 horas. Peixe é un...
Sabela Gago recala este sábado en Boiro coas súas maletas viaxeiras
Este sábado 8 de outubro a actriz e contadora Sabela Gago estará na Biblioteca Municipal de Boiro, a partir das 12.00 horas, para ofrecer á rapazada o espectáculo Maletas Viaxeiras. Trátase dunha actividade abeirada ao programa autonómico Ler Conta Moito e dirixida ao...
A Biblioteca Municipal de Ribeira fai unha doazón de histórico material pedagóxico ao MUPEGA
O equipo da Biblioteca Municipal de Ribeira desprazouse ata Santiago de Compostela para realizar unha doazón de libros ó Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA). O arquivo local recibiu previamente a achega da biblioteca persoal do coñecido mestre San Ortega, por parte do...
No Portal da Lingua unha serie de oito capítulos sobre o folclore tradicional nas diferentes etapas do Camiño
Xa está dispoñíbel estes días no Portal da Lingua (Secretaría Xeral de Política Lingüística) o documental A paso de muiñeira polo Camiño de Inverno, de Javier Blanco Carballal, unha webserie de oito capítulos que afonda en cuestións como a saúde, a cultura e o...
A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres o espectáculo Wombo Combo de Galeatro
Hoxe, venres 7 de outubro, a Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida ao espectáculo Wombo Combo, unha función de Galeatro para público infantil, xuvenil e familiar. O espectáculo, que comeza ás 20.00 horas, cóntanos a historia de Sara, unha rapaza que é vítima de...
Anxo Muíños presenta Dó no Auditorio de Rianxo, este venres 7 ás 21.00 horas
O escritor rianxeiro Anxo Muíños vai presentar este venres 7 de outubro o seu novo traballo, Dó, na súa terra de orixe, concretamente no Auditorio Municipal. O acto comezará ás 21.00 horas e contará coa presenza do autor e de Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) Ana...
A Pobra reivindica educación e cultura nas XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán
A Pobra do Caramiñal inicia a tempada cultural de outono cun dos grandes eventos da comarca e de Galicia: as Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, vixésimo cuarta edición. Case un cuarto de século de forma ininterrompida, que se programa arredor do día 28 de outubro,...
A Catedral de Santiago protagoniza un novo volume de Os Bolechas
As visitas didácticas que se realizan ao Museo da Catedral de Santiago contan cun novo libro-guía protagonizado pola familia de Os Bolechas. Na mañá deste xoves 6 de outubro presentouse na cripta do Pórtico o volume Os bolechas van á Catedral de Santiago nun acto que,...
A Deputación leva aos nosos concellos os espectáculos do segundo Circuíto de Cultura en Igualdade
A Deputación da Coruña puxo en marcha o II Circuíto de Cultura en Igualdade, que traerá funcións e actividades aos nosos concellos, todas elas co nexo común de avanzarmos no respecto pola diversidade sexual, na igualdade de xénero e na loita contra a violencia...
O espectáculo (Algunhas) Cousas de Castelao prosegue a súa xira
O legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao perdura, mantense vivo e está máis vixente ca nunca: é un espello do que fomos e do que somos, e tamén do que seremos. Trátase ademais dun espello do inclusión, no que todas e todos estamos retratados. Esta é a cerna do...
O Concello de Noia ultima detalles na renovación do Parque de San Lázaro, que abrirá ao público axiña
O Concello de Noia segue adiante cos traballos de reforma do Parque Infantil de San Lázaro, que, segundo informou o Goberno local, “terá axiña un novo aspecto máis renovado e acolledor tras as obras de mellora que se están a levar a cabo nas instalacións, que pronto...
Talía Teatro representa Morte accidental dun anarquista en Rianxo
A compañía de teatro galega Talía Teatro, achégase esta fin de semana ao Auditorio de Rianxo coa produción Morte accidental dun anarquista. O espectáculo celébrase este sábado 8 de outubro, ás 20.30 horas. Trátase dunha función para público adulto (máis de 12 anos). A...
Pablo Díaz e Olga Kirk levan o seu obradoiro de música tradicional a Cabo de Cruz (este venres pola tarde)
O músico galego Pablo Díaz vai levar o seu espectáculo-obradoiro Canta música a Cabo de Cruz. Será este venres 7 de outubro no Centro Social da vila mariñeira, a partir das 17.30 horas. Canta música é un taller creativo de Pablo Díaz e Ola Kirk para público infantil e...
A Deputación activa nas redes unha campaña para promover a lectura e o libro galego: Un outono cheo de letras
A Deputación da Coruña, a través da Área de Normalización Lingüística, bota a andar este mércores 5 de outubro a campaña Un outono cheo de letras, unha iniciativa que se desenvolve ao longo deste mes e que ten o obxectivo de mostrar o firme compromiso da institución...
En Dodro rematada a recuperación e mellora da cuberta no Lavadoiro de Teaio
O Concello de Dodro informou de remate dos traballos para recuperar e mellorar a cuberta do Lavadoiro de Teaio. Previamente a estas obras o Goberno local apuntalara a estrutura da cubeta en 2021 co obxectivo de evitar riscos para a veciñanza (atopábase en mal estado)....
Títeres Brincadeira e Carmen Domech levan os seus contos de medo a Escarabote (este xoves no Centro Social)
O Centro Social de Escarabote (Boiro) vai dar acollida este xoves 6 de outubro ao espectáculo Contos para pasalo de medo, a cargo de Carmen Domech e Títeres Brincadeira. Comezará ás 19.00 horas e está destinado ao público infantil. A reserva de entradas cómpre facela...
O programa Miscelánea en Movemento achega unha actividade de bolos tradicionais este xoves en Goiáns
O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller, organiza esta semana unha actividade iniciación aos bolos tradicionais. Será este xoves 6, a partir das 17.00 horas no Pazo de Goiáns. Trátase dunha actividade abeirada ao programa de lecer, formación e...
Carlos Blanco estará o día 22 no Auditorio de Rianxo
O sábado 22 de outubro, ás 20.30 horas, o actor e narrador arousán Carlos Blanco achegarase ao Auditorio de Rianxo co espectáculo Os mellores monólogos, unha escolma das súas narracións orais máis coñecidas, entre as que se atopan As bravas de Arousa ou As grandes...
Este sábado 1 de outubro entréganse os galardóns do XIII Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes
O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) celebra este 1 de outubro, sábado, o acto de entrega dos galardóns do XIII Premio Atlante de Gravado. Será ás 13.00 horas na sala 0 do Museo e na cita tamén se procederá a inaugurar a exposición da 13ª edición do certame, que se...
Caramuxo leva a Rianxo o seu novo espectáculo de danza para bebés
A compañía Caramuxo Teatro achegarase ao sábado 15 de outubro ao Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes) coa produción Catro, un espectáculo de danza para bebés dirixido a crianzas de 1 a 5 anos. A función será como dixemos o vindeiro sábado 15 de outubro e...
Magín Blanco e Pablo Vidal levarán o espectáculo Cadernos de cores e cancións ao Casino de Noia
Os músicos Magín Blanco e Pablo Vidal, dous dos grandes referentes da canción infantil galega, van facer unha parada no Casino de Noia o vindeiro 25 de novembro, ás 18.00 horas, para presentar o seu espectáculo musical Cadernos de cores e cancións. Trátase dunha...
Migallas recala en Outes este sábado co espectáculo Cantaxoga
Este primeiro de outubro (sábado) comeza oficialmente o programa do Outono Teatral2022 de Outes, faino da man da compañía Migallas Teatro, que traerán á Casa da Cultura o espectáculo Cantaxoga. Será como dixemos este sábado ás 19.00 horas. Trátase dunha función...
Charo Pita estará este martes en Outes co espectáculo Andar os biosbardos
A Biblioteca Municipal de Outes vai dar acollida a vindeira semana a un espectáculo de narracións orais infantís a cargo da escritora e contacontos Charo Pita. Trátase da función Andar aos biosbardos, baseada no libro do mesmo nome publicado pola propia Charo Pita....
Caxoto estará este venres en Noia para mostrarnos a importancia da lectura e da reciclaxe
Cultura de Noia organiza nestes comezos do outono unha nova actividade de dinamización cultural para fomentar a lectura entre as novas xeracións. Trátase dunha cita co narrador Caxoto, que ten preparadas unha chea de anécdotas divertidas da súa experiencia como...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Nin máis nin menos!”. Luís Celeiro
Eles, os que andan na acción permanente, tampouco o entenden. Non entenden nada, non saben calé a razón para que os outros mintan e eles tampouco saben o que fan. Mentir, segundo o dicionarioda RAG, “é dicir cousas que se sabe que non son verdade” ou “deixar ver algo...
“El día después de ¿Un deseo para hoy?” – Manuel Domínguez III
Ha sido un día que no he escuchado hablar de corruptelas, de políticos a la cárcel, de las facaltruadas de la Moncloa, no escuche hablar del falso feminismo, de prostitución política en el sentido amplio de la palabra, no escuche hablar del y tú más. De la golfería...
“Comemos e bebemos en galego?” – Xosé González Martínez
A pregunta vén a conto porque aínda hai moita xente que non é consciente da importancia que ten consumir produtos etiquetados en galego. O seu efecto nos mercados é dobre: apoiar e fomentar o uso da lingua galega nas marcas comerciais; a maiores, consumindo eses...
“Seriedade” – Xulio Xiz
Fale un con quen fale, sempre asoma a dura actualidade, e a conclusión ven ser que nada é como antes, como pouco antes, desde que un inconcreto tsunami alterou modos de comportarse, de razoar, de facer política, de vivir… Levo un tempo lonxe das novas da política...
“Violencia contra as mulleres” – José Manuel Pena
Parece incrible. Nos últimos 50 anos morreron máis mulleres por cuestións do seu sexo que homes en todas as batallas do século XX. 40 millóns de nenas e mulleres son abusadas e violadas cada ano no mundo. Cando se vai a terminar con tanto machismo e patriarcado? As...



























