O Centro Cultural Lustres Rivas será escenario dunha nova exposición a partir deste martes 11 de outubro: a mostra Xanelas, do fotógrafo José Luis Rodríguez Ruza (Guadalaxara, 1952). A proposta está formada por unha escolma de instantáneas tomadas entre 2020 e 2022 cunha cámara Fujifilm X-100F na que a ventá, fiestra ou xanela cobra un papel protagonista.
Residente en Portosín dende 2014, Rodríguez Ruza ten exhibido a súa obra en varias exposicións colectivas en Madrid nos anos oitenta e, máis recentemente, no Real Club Náutico de Portosín, xa de forma individual na Casa de Cultura de Outes, na Casa de Cultura de Porto do Son ou na Casa de Cultura de Valga.
Inauguración
O acto inaugural está previsto para mañá martes ás 13 horas.
Xanelas pode ser visitada ata o 12 de novembro, de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.