A Biblioteca Municipal de Boiro (Centro Social) vai acoller este sábado 26 de setembro ás 12.00 horas un espectáculo da contadora e escritora Bea Campos, encadrado nas actividades do programa Ler Conta Moito, impulsado pola Xunta, coa colaboración do Concello.
Trátase de Limón, contos e cantos, unha proposta de animación á lectura para a rapazada pensada especificamente para familias con nenos de entre 1 e 3 anos, onde se mesturan contos, cancións, arrolos e algo de expresión dramática. A idea é que os máis pequenos teñan un espazo onde escoitar historias e participar de forma sinxela, sen barreiras de tipo algún.




