Charo Pita estará este martes en Outes co espectáculo Andar os biosbardos

30 Setembro 2022

A Biblioteca Municipal de Outes vai dar acollida a vindeira semana a un espectáculo de narracións orais infantís a cargo da escritora e contacontos Charo Pita. Trátase da función Andar aos biosbardos, baseada no libro do mesmo nome publicado pola propia Charo Pita. Será o martes 4 a partir das 17.30 horas. As persoas interesadas en acudir debe anotarse na Biblioteca o u a través do teléfono 981 850 950.

Tanto o libro como o espectáculo de narracións están ateigados de boas historias: as que Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto adoitan contar baixo o Freixo Engurrado. “Historias que talvez fagan deste libro o máis marabilloso do mundo”.

Charo Pita

(A Coruña, 1966). Licenciada en Filoloxía Hispánica, é escritora e contacontos e imparte obradoiros de narración oral. O seu traballo como narradora abrangue diversas áreas, desde o conto infantil ata o relato erótico e de terror, así como montaxes musicais. Entre as súas publicacións destacan Desde Arcadia para Govinda (2001, Premio de poesía Espiral Maior), O cuatro de Jane  (2021, XV premio de poesía erótica Illas Sisargas), Oxalá estiveses aquí (Galaxia, 2016), No país do vento (2018), Estamos no verán!!! (Galaxia, 2012) e Andar aos biosbardos. (Galaxia, 2021), entre outros.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.