Migallas recala en Outes este sábado co espectáculo Cantaxoga

30 Setembro 2022

Este primeiro de outubro (sábado) comeza oficialmente o programa do Outono Teatral2022 de Outes, faino da man da compañía Migallas Teatro, que traerán á Casa da Cultura o espectáculo Cantaxoga. Será como dixemos este sábado ás 19.00 horas.

Trátase dunha función especialmente indicada para público infantil (maiores de 3 anos).

As entradas poden collerse na Casa da Cultura. (Horario: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas).

Cantaxoga é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos Canta connosco! e Pan de millo acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que “na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.