Anxo Muíños presenta Dó no Auditorio de Rianxo, este venres 7 ás 21.00 horas

07 Outubro 2022

O escritor rianxeiro Anxo Muíños vai presentar este venres 7 de outubro o seu novo traballo, Dó, na súa terra de orixe, concretamente no Auditorio Municipal. O acto comezará ás 21.00 horas e contará coa presenza do autor e de Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) Ana Belén Gutiérrez (poeta) e Francesca Shaunch (antropóloga). O poemario Dó está editado por Medulia.

“O libro”, segundo fai saber Xosé Carou no prólogo, “é un desvelamento secuencial, un monllo de epifanías breves, sinxelas, sinceras. A autenticidade destas miniaturas literarias estriba na agudeza, na observación. O estilo escollido obriga. Anxo consigue saír airoso porque entende que a intuición e o símbolo deben vencer ao exceso de racionalidade. A imaxe resulta do desprendemento, de non multiplicar os focos de atención”.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.