Manuel Gago Pérez presenta en Boiro, este venres, Galeóns, vapores e motoras

Este venres 14 de outubro o escritor e historiador palmeirán Manuel Gago Pérez vai presentar en Boiro o seu libro Galeóns, vapores e motoras. Será ás 19.30 horas no Pazo de Goiáns. O evento inclúe unha xornada guiada ao Pazo recentemente remodelado (ás 19.30 horas) e un pouco máis tarde (sobre as 20.30 horas) a presentación en si mesma.

No libro debúllanse as diferentes embarcacións do noso pasado recente dedicadas a pasaxe e o desenvolvemento socio económico da ría. Fálase de barcos, de mar, de armadores e de xentes do mar. O libro, a maiores, recolle documentación oficial e xornalística acompañadas de anécdotas das memorias dos seus colaboradores.

Manuel Gago Pérez. Xubilado. Durante a súa vida laboral exerceuna na Mariña Mercante coma oficial radiotelegrafista naval e de inspector de seguridade marítima. Mantén a páxina web  smssmparaper.wordpress.com.