Magín Blanco e Pablo Vidal levarán o espectáculo Cadernos de cores e cancións ao Casino de Noia

30 Setembro 2022

Os músicos Magín Blanco e Pablo Vidal, dous dos grandes referentes da canción infantil galega, van facer unha parada no Casino de Noia o vindeiro 25 de novembro, ás 18.00 horas, para presentar o seu espectáculo musical Cadernos de cores e cancións.

Trátase dunha actividade para público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza. A través do xogo, o publico poderá comunicarse e facer uso da lingua galega coas melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas. A cita abéirase á axenda de TeceRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...