O Concello de Noia ultima detalles na renovación do Parque de San Lázaro, que abrirá ao público axiña

06 Outubro 2022

O Concello de Noia segue adiante cos traballos de reforma do Parque Infantil de San Lázaro, que, segundo informou o Goberno local, “terá axiña un novo aspecto máis renovado e acolledor tras as obras de mellora que se están a levar a cabo nas instalacións, que pronto abrirán ao público”.

Dita inversión, de preto de 50.000€, está financiada pola Dirección Xeral de administración Local, Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello de Noia e contempla a instalación da cuberta e do chan anti-impacto na zona de xogo, así como a renovación do peche de madeira de das atraccións.

Tras visitar as obras esta semana, o alcalde de Noia, Santiago Freire, manifestou que “as actuacións realizadas e as que están en cernes teñen como obxectivo dotar a San Lázaro dun aspecto renovado e máis acolledor, para que todas as familias de Noia poidan gozar dun espazo lúdico e seguro”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.