No Portal da Lingua unha serie de oito capítulos sobre o folclore tradicional nas diferentes etapas do Camiño

07 Outubro 2022

Xa está dispoñíbel estes días no Portal da Lingua (Secretaría Xeral de Política Lingüística) o documental A paso de muiñeira polo Camiño de Inverno, de Javier Blanco Carballal, unha webserie de oito capítulos que afonda en cuestións como a saúde, a cultura e o folclore tradicional nas diferentes etapas do Camiño de Inverno. No documental emprégase como nexo de unión a busca de puntos de baile tradicional para elaborar cun grupo a coreografía da Muiñeira do Camiño de Inverno.

Cada un dos sete primeiros capítulos inclúe unha introdución sobre o lugar onde ser recollen os puntos, presentación do informante, conversa sobre a cultura tradicional na localidade e na contorna e recollida dun punto de baile.

No capítulo 8 reflexiónase sobre o decorrer do Camiño e a chegada ao Obradoiro; preséntase o grupo que elaborou a coreografía da muiñeira e o making off cos ensaios. Finaliza coa interpretación da peza.

Trátase dunha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais en Lingua Galega Xacobeo 2021-2022 (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...