A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres o espectáculo Wombo Combo de Galeatro

07 Outubro 2022

Hoxe, venres 7 de outubro, a Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida ao espectáculo Wombo Combo, unha función de Galeatro para público infantil, xuvenil e familiar. O espectáculo, que comeza ás 20.00 horas, cóntanos a historia de Sara, unha rapaza que é vítima de acoso escolar, e da súa relación coa realidade virtual e das novas tecnoloxías. Sara, máis polo miúdo, non ten amigas nin amigos nin é brillante nos estudos. Para evadirse da crúa realidade xoga en liña con ducias de persoas e é imbatíbel nas loitas. Chegado un punto, descobre que pasa máis tempo na vida virtual ca na real.

Venda de entradas na Casa da Cultura este venres a partir das 19.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.