Títeres Brincadeira e Carmen Domech levan os seus contos de medo a Escarabote (este xoves no Centro Social)

05 Outubro 2022

O Centro Social de Escarabote (Boiro) vai dar acollida este xoves 6 de outubro ao espectáculo Contos para pasalo de medo, a cargo de Carmen Domech e Títeres Brincadeira. Comezará ás 19.00 horas e está destinado ao público infantil. A reserva de entradas cómpre facela no Centro Social ou no teléfono 981 84 99 50.

Sinopse

Da señora Antonia din que é unha meiga. Será polo seu aspecto? Sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada.
Ou polos seus amigos? Bandidos, pantasmas, morcegos e almas.
Pero a señora Antonia, a través de cinco historias, achegaranos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terror, ímolo pasar de medo.

Para nenos e nenas de 4 a 11 anos.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.