Xisco Feijóo presenta Peixe no Pazo de Goáns (este sábado ás 21h)

08 Outubro 2022

O músico Xico Feijóo (sobrenome de Francisco Javier Feijóo Álvarez, mestre na Escola de música Folk e Tradicional de Vigo), presenta o seu novo traballo discográfico Peixe este sábado 8 de outubro no Pazo de Goiáns, en Boiro. Será a partir das 21.00 horas.

Peixe é un destacado traballo musical producido por Carlos Quintiá e no que se rende homenaxe á nosa musica tradicional dende unha óptica contemporánea e moderna.

Peixe achégase como un paso máis na xa longa carreira musical de Xisco Feijoó, que comezou, como di o propio Xisco, cando seu pai Pepín “O Feijoó” lle puxo a gaita de Canoto ó lombo, na aldea de Sistindomato, nas terras de Sober e en casa de Helena, a súa salvadora.

Programa de actividades previstas

17.00h – Visita guiada ao Pazo

18.00h – Mostra de traxes tradicionais con Concha Rodríguez

19.00h – Obradoiro de baile con Xisco Feijóo

21.00h – Concerto

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.