O espectáculo (Algunhas) Cousas de Castelao prosegue a súa xira

06 Outubro 2022

O legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao perdura, mantense vivo e está máis vixente ca nunca: é un espello do que fomos e do que somos, e tamén do que seremos. Trátase ademais dun espello do inclusión, no que todas e todos estamos retratados. Esta é a cerna do espectáculo (Algunhas) Cousas de Castelao que segue a súa xira este outono por varios concellos da xeografía galega: o 7 de outubro no Auditorio de Val do Dubra, e o 26 na Casa da Cultura de Tordoia,

O espectáculo, abeirado ao programa de TeceRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nace da fusión entre o traballo que o actor Fran Rei vén desenvolvendo desde o ano 2017 no Obradoiro de Dramatización e Teatro da asociación Avante, dedicada ás persoas con diversidade funcional, e da súa propia experiencia previa na creación e produción da peza Retrincos de Castelao, de Culturactiva Producións.

A partir de textos do xenio de Rianxo procedentes de Cousas e Retrincos, actores e actrices con diversidade funcional comparten protagonismo cos profesionais Isabel Risco e Fran Rei, con quen poñen en escena unha proposta para todos os públicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.