Carlos Blanco estará o día 22 no Auditorio de Rianxo

03 Outubro 2022

O sábado 22 de outubro, ás 20.30 horas, o actor e narrador arousán Carlos Blanco achegarase ao Auditorio de Rianxo co espectáculo Os mellores monólogos, unha escolma das súas narracións orais máis coñecidas, entre as que se atopan As bravas de Arousa ou As grandes frases das nosas avoas e avós. Será unha hora de humor cun dos máis singulares e recoñecidods representantes da comedida no ámbito galego.

A entrada ten un custe de 12 € + gastos de comisión e pode adquirirse en ataquilla.com.

Carlos Blanco é un actor de Vilagarcía de Arousa cunha ampla traxectoria teatral, tamén como autor e director. Foi presentador da Radio Galega e traballou en múltiples programas e series de televisión para a TVG, sendo o de Ladislao na serie Mareas Vivas, onde tamén exercía de guionista, o papel que o deu a coñecer en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.