
Parece incrible. Nos últimos 50 anos morreron máis mulleres por cuestións do seu sexo que homes en todas as batallas do século XX. 40 millóns de nenas e mulleres son abusadas e violadas cada ano no mundo. Cando se vai a terminar con tanto machismo e patriarcado?
As mulleres, en pleno século XXI, aínda teñen que demostrar a súa valía, mentres que aos homes presupónselles. Máis mulleres morren a mans das súas parellas ou os seus maridos, a pesar de presentar denuncias por malos tratos ou violencia machista. Certo é que a sociedade avanza e evoluciona moi lentamente pero hai cuestións que deberían atallarse de raíz. A violencia de xénero é unha delas.
As diferentes administracións públicas non se cansan de suxerir ás mulleres que non deixen de denunciar e que pensen que a xustiza estará da súa parte. O problema é que, moitas mulleres, seguen vivindo con medo, desprotexidas pola propia familia e as súas máis achegados e contorna máis próxima mentres os seus verdugos seguen facendo unha vida normal e presumindo dos seus actos violentos, do acoso e das agresións sexuais.
Non é cuestión de ideoloxía política nin de formación académica nin laboral, é algo inherente aos machos alfa, que durante centos de anos impuxeron a súa lei propia natural.



