O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) celebra este 1 de outubro, sábado, o acto de entrega dos galardóns do XIII Premio Atlante de Gravado.
Será ás 13.00 horas na sala 0 do Museo e na cita tamén se procederá a inaugurar a exposición da 13ª edición do certame, que se poderá visitar do 1 de outubro ao 1 de decembro.
Como lembraremos, o fallo desta XIII convocatoria foi dado a coñecer o pasado mes de agosto, tal e como reflectimos dende este medio.
O xurado asegurou daquela que se mantiveron as cifras de participación de anos anteriores, con 210 proxectos entregados por un total de 170 participantes de 19 países.
O Premio Ramiro Carregal, o de maior dotación, foi para o madrileño Francisco de Santos Mouro. A súa obra, Marmelos, realizada nun fotopolímero iluminado á acuarela e colaxe, obterá unha achega en metálico de 5.000 euros.
Premiados
- DESANTOS MORO, Francisco
País: España – Madrid
Título obra: Membrillos
Técnica: Fotopolímero iluminado á acuarela e colaxe
(3) Premios Atlante (2.500 €, 2.500 €, 2.500 €) - CARBAJALES FERREIRO, Yolanda País: ESPAÑA – Galicia
Título obra: Nós
Técnica: Maneira negra / Mezzotinta - SORDILIBARDONI, Vinicios
País: Polonia
Título obra: Sobreposición 2
Técnica: Augaforte e augatinta - GOMIRATO, Elisabetta
País: Italia
Título obra: Void – Panoramas
Técnica: augaforte e puntaseca
(1) Premio Galicia. Pedras de Santiago (2.000 €) - CORDEIRO CERVIÑO, Nerea
País: ESPAÑA -— Galicia
Título obra: S/T
Técnica: Fotopolímero
ORDE DE INTERVENCIÓNS:
- D. Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, Director do Museo do Gravado.
- Actuación musical de Alba Tubío (saxofón) e Juan Pérez Ortega (piano).
- D. Javier Expósito, Vicepresidente da FMAG.
- D. José Manuel López Vázquez, Catedrático de Historia da Arte na USC. Presentación do catálogo Atlante. XIII Premio de Gravado.
- D. Alfonso Costa, pintor e gravador, en representación do xurado fai lectura da acta do XIII Premio Atlante de Gravado.
13.30 h. ENTREGA DE PREMIOS
Premio Atlante: D. Ramiro Carregal Rey
FRANCISCO DE SANTOS MORO (Madrid)
RECOLLE: Francisco de Santos
ENTREGA: D. Ramiro Carregal Rey
Intervención do galardoado
Premio Atlante
YOLANDA CARBAJALES FERREIRO (Pontevedra)
RECOLLE: Yolanda Carbajales Ferreiro
ENTREGA: D. Anxo Lorenzo Suárez (Secretario Xeral de Cultura)
Intervención da galardoada
Premio Atlante
VINICIUS SORDI LIBARDONI (Polonia)
RECOLLE: en representación, D. Santiago Freire Abeijón (alcalde de Noia)
ENTREGA: Dna. María Sampedro Fernández (Tenente de alcalde de Ribeira)
Intervención do galardoado a través de webcam
Premio Atlante
ELISABETTA GOMIRATO (Italia)
RECOLLE: en representación, Dna. Teresa Villaverde (alcaldesa de Lousame)
ENTREGA: D. Javier Expósito Paradela
Intervención da galardoada a través de webcam
Premio Atlante: Premio Galicia – Pedras de Santiago
NEREA CORDEIRO CERVIÑO (A Coruña)
RECOLLE: Nuria Cordeiro Cerviño
ENTREGA: Emilio Santasmarinas (Sancosa S. A)
Intervención da galardoada
Mencións de honra
(reciben diploma que entrega D. Xoán Pastor Rodríguez Santamaría)
Javier ABAD ALONSO (Madrid)
Federica BAU (Bilbao)
Manuel LAREO (A Coruña)
Yolanda DORDA (A Coruña)
Pecharán - D. RAMIRO CARREGAL REY, discurso institucional.
D. ANXO LORENZO SUÁREZ, secretario xeral de Cultura, discurso institucional. - Dna. MARÍA SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Tenente de alcalde e concelleira de Cultura
de Ribeira fai entrega dos cartafoles cos gravados gañadores ás autoridades presentes e
representantes dos Concellos da Comarca e discurso institucional.
Actuación musical de Alba Tubío (saxofón) e Juan Pérez Ortega (piano).