A galega Yolanda Carbajales comparte premios Atlante cun polaco e unha italiana
Os Premios Atlante do Gravado xa teñen gañadores. O xurado do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital presentou, entre cheas de libros e obras, aos cinco vencedores da décimo terceira edición, na que destaca a presenza galega: «Vimos traballos galegos con moita maior calidade, de xeito, son case a metade dous recoñecementos», apuntou o director do centro museístico, Xoán Pastor Rodríguez.
O xurado asegurou que se mantiveron as cifras de participación de anos anteriores, con 210 proxectos entregados por un total de 170 participantes de 19 países. Pastor Rodríguez precisou que aumentou a presenza de concursantes europeos. Pero lamentaron os problemas en aduanas, que deixaron sen participación a artistas internacionais de Cuba, México, Israel ou Nova Zelandia.
O premio Ramiro Carregal, o de maior dotación, foi para o madrileño Francisco de Santos Mouro. A súa obra, Marmelos, realizada nun fotopolímero iluminado á acuarela e colaxe, obtén unha achega en metálico de 5.000 euros.
O xurado do XIII Premio Atlante de Gravado quere recoñecer e valorar de xeito moi especial a participación dos artistas nesta nova convocatoria, destacando o número de obras presentadas así como a diversidade e internacionalización dos candidatos.
En relación aos premios concedidos, o xurado decidiu otogar todos os premios destacando a calidade dos gañadores tanto técnica como conceptualmente, xa que abren novas vías de expresividade a través do gravado, innovando nas técnicas de reproducción e profundizando nas preocupacións e inquedanzas da sociedade actual, quer de xeito colectivo, quer individual.
No caso dos Premios Atlante, este xurado premiou a capacidade evocadora das imaxes presentadas, a calidade técnica de execución e a dificultade e plástica para acadar os resultados desexados tanto formal como conceptualmente.
No que atinxe ao Premio Galicia xunta coa delicadeza na execución do trazo e a claridade do conxunto débese destacar forza expresiva do conxunto.
Ademais, decidiuse conceder catro Mencións de Honra atendendo ás mesma valoracións.
ACTA FALLO XIII PREMIO INTERNACIONAL DE GRAVADO ATLANTE
Reunido na sede da Fundación o xurado do XIII Premio Atlante de Gravado, organizado polo Museo do Gravado á Estampa Dixital (Concello de Ribeira), formado por Alfonso Costa Beiro, Manuel Ayaso Dios, Carmen Hermo Sánchez, Isabel Pintado Palacio, Juan Monterroso Montero, José Manuel López Vázquez e José Daniel Buján Núñez, acordaron por unanimidade conceder os seguientes premios:
(1) Premio D. Ramiro Carregal (5.000 €)
- DESANTOS MORO, Francisco
País: España – Madrid
Título obra: Membrillos
Técnica: Fotopolímero iluminado á acuarela e colaxe
(3) Premios Atlante (2.500 €, 2.500 €, 2.500 €) - CARBAJALES FERREIRO, Yolanda País: ESPAÑA – Galicia
Título obra: Nós
Técnica: Maneira negra / Mezzotinta - SORDILIBARDONI, Vinicios
País: Polonia
Título obra: Sobreposición 2
Técnica: Augaforte e augatinta - GOMIRATO, Elisabetta
País: Italia
Título obra: Void – Panoramas
Técnica: augaforte e puntaseca
(1) Premio Galicia. Pedras de Santiago (2.000 €) - CORDEIRO CERVIÑO, Nerea
País: ESPAÑA -— Galicia
Título obra: S/T
Técnica: Fotopolímero
PáxIDAI1[2
A, nua, on FUNDACIÓN Concello MUSEO DE ARTES DO GRAVADO A ESTAMPA DIXITAL de Ribeira eso
ACTA FALLO XIII PREMIO INTERNACIONAL DE GRAVADO ATLANTE
| Finalistas — Mencións de Honra O]
- ABAD ALONSO, Javier País: España – Madrid Título obra: Syn
Técnica: Fotogravado - BAU,Federica
País: España – Bilbao
Título obra: Deja que vean
Técnica: Augafore e augatinta
| Finalistas — Mencións de Honra Premio Galicia ]
- LAREO FERNANDEZ, Manuel País: España – Galicia
Título obra: S/T
Técnica: Gravado dixital - MARTÍNEZ DORDA, Yolanda País: España – Galicia
Título obra: S/T
Técnica: Gravado dixital
Seleccionados:
Foron seleccionados un total de 40 gravados que se expoñerán nunha das salas do museo cos premiados e os finalistas.