Sae a licitación a 1ª fase da mellora da rede de abastecemento e pavimentación da avenida de Ferrol

16 Outubro 2026

O Goberno municipal de Ribeira actuará nunha das principais vías de acceso ao casco urbano mediante a mellora da rede de abastecemento de auga para consumo doméstico e renovación do pavimento da calzada da avenida de Ferrol nunha primeira fase que comprenderá o tramo entre o cruce coa estrada DP-7309 e coa rúa Deán Pequeno.

Nesta primeira instalaranse 462 metros de tubaxe de fundición dúctil en substitución da rede existente de fibrocemento, solucionando así os problemas actuais de escaseza de presión e de cortes de auga por roturas da liña. Ademais, o firme da avenida atópase moi deteriorado debido á elevada intensidade de tráfico que soporta, motivo polo cal se estenderá unha nova capa de aglomerado en quente e, posteriormente, procederase coa sinalización horizontal da vía.

Establécese un prazo de duración dos traballos de 4 meses.

A intervención no resto da dita vía continuará en vindeiras fases para executar a renovación integral da mesma.

O orzamento da licitación é de 149.307,73 euros, IVE incluído, con cargo ás arcas municipais. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do 3 de novembro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.