Talía Teatro representa Morte accidental dun anarquista en Rianxo

06 Outubro 2022

A compañía de teatro galega Talía Teatro, achégase esta fin de semana ao Auditorio de Rianxo coa produción Morte accidental dun anarquista. O espectáculo celébrase este sábado 8 de outubro, ás 20.30 horas. Trátase dunha función para público adulto (máis de 12 anos). A duración é de 100 minutos. A entrada é de balde ata completar capacidade (retirada de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio). Trátase dunha proposta da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A representación de Morte accidental dun anarquista está dirixida por Cándido Pazó e conta cun elenco formado por Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos. Trátase dunha versión da obra do mesmo nome de Dario Fo, “un clásico teatral dos últimos tempos”, en palabras de Talía Teatro. Así explican a súa proposta os integrantes da agrupación: “Quixemos unirnos á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, madía leva, a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...