A Pobra reivindica educación e cultura nas XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

06 Outubro 2022

A Pobra do Caramiñal inicia a tempada cultural de outono cun dos grandes eventos da comarca e de Galicia: as Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, vixésimo cuarta edición. Case un cuarto de século de forma ininterrompida, que se programa arredor do día 28 de outubro, data de conmemoración da nacenza do escritor afincado na vila, autor dalgunhas das grandes obras da literatura en castelán. A axenda deste ano, segundo fixo saber o Concello, destaca pola súa heteroxeneidade, con propostas innovadoras e educativas para a última quincena do mes, facendo especial fincapé nas novas xeracións para achegarlles a vida e obra do escritor.

En palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), “podemos afirmar que son un evento máis que asentado no calendario cultural galego. Isto motivounos a facer unha reflexión sobre o papel destas xornadas e do propio Museo que as organiza e acolle. Froito desa reflexión decidimos levar a cabo unha serie de cambios á hora de afronta-las deste ano. Son cambios de matiz, construídos sobre a estrutura que se viña repetindo ao longo de edicións anteriores e que nos pareceu adecuado actualizar lixeiramente”. A este respecto tamén se referiu o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), quen destacou a variedade de actividades para tódolos públicos, ademais de pór en valor as iniciativas levadas a cabo neste ano como, por exemplo, o concurso de carteis.

Ámbolos dous tiveron palabras de agradecemento para o director xeral da Cultura, Anxo M. Lorenzo, polo seu apoio público e económico ás xornadas ano tras ano, ademais de a Xaquín del Valle-Inclán Alsina polo depósito de fondos no Museo para a súa custodia, estudo e divulgación dos coñecementos.

Pola súa parte, a técnica do Museo, Araceli Abad, salientou que para estas xornadas buscouse estreitar máis a colaboración cos centros educativos, polo cal unha parte da materia se enfocou á rapazada que neles estuda.

As actividades comezan o día 14 cunha mostra de carteis a partir das 20.00 horas no Auditorio que leva o nome do escritor (I Concurso de Carteis das XXIV Xornadas) e cunha conferencia (Valle-Inclán un escritor de éxito?) a cargo de Xaquín del Valle-Inclán Alsina, a partir das 20.30 horas. A xornada rematará cun agasallo ao público: a lámina gañadora do I Concurso de Carteis, de Sara Martínez Narváez.

Ao día seguinte, 15 de outubro, celebrarase a presentación da banda deseñada Valle-Inclán, los años del esperpento, de Manuel López Poy, editado por Cascaborra. Será no Auditorio ás 20h. O domingo será a quenda de MyH Producciones e do director teatral David Martínez Sánchez, que representan Luces de Bohemia no Teatro Elma a partir das 20.00 horas.

O luns 17 haberá unha nova representación de Luces de Bohemia co alumnado do IES da Pobra, no Elma a partir das 12.15.

O xoves 20 o alumnado do IES participa na función Valle-Inclán e ti, baseada en textos do escritor, a cargo de Artes Estudio e Ramiro Neira (narrador). Será no Museo a partir das 11.30 horas.

O venres 21 Xelia Iglesias (USC) ofrece o relatorio Josefina Blanco, unha actriz esquecida. Comeza ás 20.30h no Auditorio Valle-Inclán.

O martes 25 haberá unha actividade cos colexios de primaria: O avó e outras historias para contar (textos de Valle-Inclán), a cargo de Charo Pita. Celebrarase no Museo Valle-Inclán cunha primeira sesión a partir das 11h e unha segunda ás 12.30h. Este espectáculo volve celebrarse os xoves 27 con dúas sesións: ás 11.30 e ás 13h.

O venres 28 represéntase o espectáculo De tal cuento tal astilla, a cargo de Érica González (textos de Valle-Inclán), no Museo a partir das 20.30 horas.

O programa remata o 29 cunha ruada de música tradicional a cargo de GMT Caraveiros e unha ofrenda cívica ao autor de Divinas palabras con lecturas de texto. Será no Cantón da Leña, a carón do monumento ao escritor, a partir das 12.30 horas. Actúan a Escola de Baile e Pandeiretas Caramiñas da Asociación de Amas de Casa.

Ademais, dende o 18 de outubro até o 2 de novembro desenvolverase coas escolas infantís locais a actividade Pinta a Valle-Inclán.

Non se require a inscrición previa para ningunhas das accións culturais nomeadas.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.