A Catedral de Santiago protagoniza un novo volume de Os Bolechas

06 Outubro 2022

As visitas didácticas que se realizan ao Museo da Catedral de Santiago contan cun novo libro-guía protagonizado pola familia de Os Bolechas. Na mañá deste xoves 6 de outubro presentouse na cripta do Pórtico o volume Os bolechas van á Catedral de Santiago nun acto que, ademais dos propios personaxes de Pepe Carreiro, estiveron presentes rapaces do colexio López Ferreiro. Tamén participaron o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.

O libro é unha guía didáctica que fai un repaso pola arte e a historia da construción da catedral, contada a Os Bolechas polo peregrino Xacobe. Os exemplares serán empregados nas visitas escolares que se organizan dende a Fundación Catedral de Santiago.

Os Bolechas pertencen a unha famosa serie de libros infantís, creados polo ilustrador Pepe Carreiro. A edición correu a cargo de Bolanda, e foi posíbel grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.