A Policía Autonómica de Galicia precintou as instalacións do Cámping Ría de Arousa I, emprazado a carón da praia de Cabío (A Pobra). Segundo informaron diversos medios, trátase dun peche orixinado "polo incumprimento de requirimentos administrativos" a través dos...
O BNG reclama á Xunta que extreme o control sobre Monbus ante o que cualifica de “deficiencias no Barbanza”
O BNG achegou a súa postura sobre a calidade do servizo de transporte despregado pola empresa Monbus no Barbanza. En palabras da agrupación, trátase dun servizo que amosa sinais dun "grave deterioro", polo que reclaman á Xunta que "deixe de mirar para outro lado ante...
O recoñecido mago e pianista Nacho Samena ofrecerá un espectáculo de música e maxia no Auditorio de Ribeira no 4 de outubro
Ribeira será unha das paradas dentro da xira galega do mago e pianista Nacho Samena co seu espectáculo Sugestión, que ofrecerá no Auditorio Municipal no 16 de xaneiro, ás 20.00 horas. Sugestión é o novo espectáculo de Nacho Samena no que combina as súas dúas grandes...
O VIII Premio Luísa Villalta recoñece á asociación inclusiva Ambar e a Maitane Vicente (Outes)
O VIII Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, vén de recoñecer sete iniciativas que destacan pola súa contribución á igualdade de xénero, á loita contra a violencia machista e á defensa da diversidade sexual. O certame...
Sae a licitación a 1º fase da renovación do firme e o mobiliario do paseo marítimo de Rianxo
O Executivo de Julián Bustelo sacou a licitación da primeira fase do proxecto de renovación do firme e o mobiliario público do paseo marítimo de Rianxo. Esta primeira fase, na que se traballará sobre o tramo comprendido entre Rinlo e a praia do Pazo, conta cun...
O Museo do Pobo Galego felicita ao Concello de Rianxo pola devolución da Virxe da Guadalupe de Asorey ao seu emprazamento orixinal de Tanxil
A presidenta do Museo do Pobo Galego, María Xosé Fernández Cerviño, felicitou esta semana ao Concello de Rianxo polo retorno da escultura da Virxe de Guadalupe do escultor galego Francisco Asorey á praia de Tanxil. Sinálase na carta recibida polo Concello que "a...
Rianxo e Padrón volven estreitar lazos de amizade no marco das Festas da Guadalupe
Este martes 15 de setembro, Rianxo e Padrón volveron representar un novo acto de irmandade, achegamento e homenaxe mutua. Foi (precisamente) co gallo da celebración do Día de Padrón no marco das Festas da Guadalupe 2026, polo que as e os integrantes do Executivo e a...
A Policía de Rianxo activa un dispositivo especial para garantir a seguridade e a mobilidade no último día das Festas da Guadalupe
A Policía Local de Rianxo emitiu un comunicado coincidindo coa celebración das Festas da Guadalupe edición 2026 e no que se achegan unha serie de recomendacións de utilidade para que a cidadanía poida contribuír a unhas celebracións seguras. No comunicado ponse o foco...
O Concello de Boiro propón destinar o POS+ adicional á ampliación do complexo da Cachada e a renovar o Campo de Vista Alegre
O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno ordinario da Corporación deste xoves a participación municipal no POS+ adicional 2026 da Deputación da Coruña. A cantidade designada ao Concello é de 954.642,25 euros, que se vai investir en dous...
Navia Espacio de Arte inaugura “Mulleres” de Jontxu Argibay
Navia Espacio de Arte (Vigo) inaugurou a exposición Mulleres, do artista da nosa comarca Jontxu Argibay (Castiñeiras, Ribeira 1976). Trátase da 17ª exposición que acolle este espazo artístico de APAMP (Asociación de Familias e Mulleres con Parálise Cerebral) que...
Rueda visita as obras de ampliación da ETAP de Padrón, que incrementa nun 40% a súa capacidade e abastece ao Barbanza, Arousa e Sar
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Padrón, unha mellora que nas súas palabras "supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga para consumo de calidade á cidadanía da...
O Goberno pon a disposición da cidadanía de Ribeira e Boiro unha trintena de vivendas de alugueiro alcanzábel
Casa 47, entidade estatal do Goberno de España, comunicou a apertura da convocatoria para acceder a 96 vivendas en réxime de alugueiro alcanzábel en Galicia e que están situadas en diferentes municipios da provincia da Coruña e en Lugo. Na listaxe de concellos figuran...
O Concello e a veciñanza de Carreira retoman traballo conxunto para mellorar a seguridade viaria na curva da Muiñeira
Este martes 15 de setembro retomáronse os encontros cos veciños e veciñas de Carreira afectados polo trazado do proxecto de mellora da seguridade viaria coñecido como a curva da Muiñeira, nunha reunión que segundo informaron as partes "resultou frutífera" e na que se...
A CIG reclama á empresa Monbus melloras laborais nos profesionais do transporte escolar do Barbanza
A CIC emitiu un comunicado no que asegura que a empresa Monbus, a nova adxudicataria do transporte escolar na zona da Barbanza, "incumpre a obriga de subrogar todo o persoal que viña facendo desde sempre o servizo nas liñas escolares en Ribeira e A Pobra do...
Comeza o programa de emprego “Xuventude” dos concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra
Este martes deu comezo o programa de emprego Talento Mozo “Xuventude II” destinado a mocidade de entre 18 e 30 anos e que levan a cabo de forma conxunta os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañado polo director...
Roger Salas móstranos en Boiro a orixe e a historia do ballet, este sábado no Pazo de Goiáns
O Concello de Boiro e a Fundación Alcalde Varela achegan ó público a historia e o coñecemento da danza na IV edición do Mes da Danza. No marco desta festival chega á localidade do Barbanza o experto Roger Salas, unha das grandes voces da danza en España. Será este...
Stop Deshaucios Ribeira reclama que se destine a alugueiros sociais unha propiedade da avenida da Coruña
A organización Stop Deshaucios Ribeira compartiu un comunicado no que reclama á Xunta e ao Concello de Ribeira máis vivenda a prezos accesíbeis para as familias vulnerábeis do termo municipal e da comarca. En concreto, este martes 15 de setembro a plataforma...
A RAGC recoñece a traxectoria de Rosa Crujeiras (Ribeira) e Francisco Rivadulla (A Pobra)
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos e científicas galegos das universidades de Santiago e Vigo. Esta distinción valora “as traxectorias singulares e consolidadas en investigación desenvolvidas na nosa...
Ana Miranda demanda medidas en Europa para “a situación crítica do marisqueo en Galiza”
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou no pleno de Estrasburgo do Parlamento Europeo as problemáticas do sector marisqueiro galego, que son, dixo, "graves, estruturais e conxunturais". Nas súas palabras, o sector vive "unha situación crítica que demanda medidas...
Ribeira sube de novo este sábado ao bus do teatro do CDG para asistir a “A Serie Clopen”
O Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego convida de novo ao público de Ribeira a ir a Santiago ao teatro. Concretamente a un novo pase do exitoso espectáculo A Serie Clopen, do CDG. O prezo da entrada e o autobús será de 5 euros por persoa (recóllense os cartos...
Os Quinquilláns achegan este venres 18 unha nova visita teatralizada ao Pazo de Goiáns
O mes de setembro vainos deparar unha nova visita teatralizada ao Pazo de Goiáns (Boiro) a cargo da agrupación Os Quinquilláns. A vindeira sesión (unha visita teatralizada, guiada e comentada) será este venres 18 de setembro ás 19.00 horas. A entrada será libre aínda...
Navia Espacio de Arte (Vigo) inaugura este martes a mostra “Mulleres” de Jontxu Argibay
Navia Espacio de Arte (Vigo) inaugura este martes, 15 de setembro ás 18:30 horas, a exposición Mulleres, do artista barbanzán Jontxu Argibay (Castiñeiras, 1976). Trátase da 17ª exposición que acolle este espazo artístico de APAMP – Asociación de Familias e Mulleres...
Volven a Ribeira, A Pobra, Noia e Santiago as actividades de baile do Taller Alecrín (Baila con Nós 2026)
O Taller Alecrín vai organizar dende o 17 ao 20 de setembro unha manchea de actividades de formación e dinamización social a través do baile, nos concellos de Noia (no Local de Ensaios Prudencio Romo), A Pobra do Caramiñal (no Colexio Salustiano Rey), Santiago (no...
Ambar abre este venres as Festas do Nazareno
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...
A Real Academia Galega e a Consellería do Mar porán en valor o léxico da cultura marítima
O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, mantivo esta mañá en San Caetano unha xuntanza coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, para abordaren posíbeis vías de colaboración e iniciativas relacionadas coa posta en valor da cultura e do patrimonio...
O BNG de Ribeira reclama ao Concello que “revise de inmediato a presenza de cristais na area do parque infantil de Coroso”
O BNG emitiu un comunicado de urxencia no que reclama ao Goberno municipal de Ribeira que "revise de inmediato a presenza de cristais de gran tamaño detectados na area do parque infantil de Coroso, recentemente renovado polo Concello". Engaden que "pais e nais...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez
Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...
“Os novos facémonos preguntas, dixo a princesa Leonor en Oviedo” – Antón Luaces
Aos seus 21 anos e durante o acto de entrega dos premios "Princesa de Asturias", esta (actual titular desa distinción) amosou o "desencanto e falta de expectativas" por parte da xuventude. A princesa Leonor, nun discurso no que se evidenciou a conexión cos seus pais,...
“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López
Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...
“Incidentes na Coruña após un acto organizado por Vox” – Antón Luaces
Unhas 4.000 persoas concentradas na coruñesa praza de María Pita rexeitaron a celebración na mesma praza dun acto organizado por Vox. Dúas das persoas concentradas foron detidas e unha ducia feridas durante os disturbios e cargas policiais producidas no marco desta...
“Incidentes na Coruña apòs un acto organizado por Vox”. Antón Luaces
Unhas 4.000 persoas concentradas na coruñesa praza de María Pita rexeitaron a celebración na mesma praza dun acto organizado por Vox. Dúas das persoas concentradas foron detidas e unha ducia feridas durante os disturbios e cargas policiais producidas no marco desta...





























