Ribeira sube de novo este sábado ao bus do teatro do CDG para asistir a “A Serie Clopen”

15 Setembro 2026

O Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego convida de novo ao público de Ribeira a ir a Santiago ao teatro. Concretamente a un novo pase do exitoso espectáculo A Serie Clopen, do CDG.

O prezo da entrada e o autobús será de 5 euros por persoa (recóllense os cartos no bus). A viaxe será este sábado 19 de setembro, sábado, con saída dende a Estación de Autobuses de Ribeira ás 15.30 h. A hora de regreso está programada para as 20.00 horas. A reserva pode facerse a través do teléfono 981 835 650 (de luns a venres de 9 a 14 h) ou da conta de correo electrónico normalizacion@ribeira.gal.

A Serie Clopen, despois do éxito do ano 2025 volve ao Salón Teatro co mellor de Pista Catro, premio Nacional de Circo, e con Natalia “Pajarito”, mellor actriz protagonista nos Premios María Casares. O espectáculo mestura as acrobacias, malabares, aéreos, baile, música, redes sociais e moitas matemáticas, o percorrido vital dunha adolescente de hoxe en día.

Esta é a primeira coprodución do Centro Dramático Galego que presenta o circo como protagonista dunha obra propia. A través dun argumento no que a matemática e a historia para falar dos paradoxos do mundo e dos retos aos que se enfronta a mocidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.