A Policía de Rianxo activa un dispositivo especial para garantir a seguridade e a mobilidade no último día das Festas da Guadalupe

16 Setembro 2026

A Policía Local de Rianxo emitiu un comunicado coincidindo coa celebración das Festas da Guadalupe edición 2026 e no que se achegan unha serie de recomendacións de utilidade para que a cidadanía poida contribuír a unhas celebracións seguras. No comunicado ponse o foco no último día das celebracións, este venres 18, cando será activado un dispositivo dirixido a evitar retencións de tráfico, “dada a elevada afluencia de vehículos ao centro urbano de Rianxo”.

Por este motivo, a Policía Local aconsella aos condutores, especialmente a aqueles que teñan previsto abandonar a vila logo da tradicional cantata de A Rianxeira, “que empreguen os estacionamentos periféricos e os situados nas entradas inmediatas da localidade”.

Así mesmo, os axentes aconsellan aos condutores procedentes da zona de Catoira-Pontevedra que teñan previsto chegar a Rianxo entre as 22.00 e as 2.00 horas, que eviten a autovía AG-11 e accedan ao casco urbano pola estrada DP-3301 (a estrada da costa).

As principais zonas de estacionamento sitúanse en Punta Fincheira, Tanxil e Cemiterio (para os vehículos que accedan pola DP-3301 procedentes de Leiro, Isorna ou Catoira, estes estacionamentos dispoñen de arredor de 1.000 prazas); e para os vehículos que veñan da AG11 e da DP-7202 recoméndanse as zonas de estacionamento das áreas recreativas do Pazo e da Torre, así como os aparcamentos situados en Rianxiño e Arcos Moldes, cunha capacidade de máis de 1.500 vehículos.

Ademais, os axentes recomendan á mocidade que “faga uso do transporte colectivo para os seus desprazamentos”.

Co obxectivo de “garantir a seguridade nas festas”, establecerase un dispositivo especial de tráfico e seguridade cidadá no que participan a Policía Local e a Garda Civil de diferentes especialidades, os Bombeiros, Protección Civil, as ambulancias contratadas polo Concello, o 061 e o punto de información e asistencia Espazo Violeta.

“Animamos á veciñanza e ás persoas visitantes a desfrutar desta noite tan especial e emotiva para os rianxeiros e as rianxeiras, despedindo a nosa Moreniña con responsabilidade, respecto e, sobre todo co sentidiño que sempre caracterizou estas festas”, engaden dende a Policía Local de Rianxo no seu comunicado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.