A CIG reclama á empresa Monbus melloras laborais nos profesionais do transporte escolar do Barbanza

15 Setembro 2026

A CIC emitiu un comunicado no que asegura que a empresa Monbus, a nova adxudicataria do transporte escolar na zona da Barbanza, “incumpre a obriga de subrogar todo o persoal que viña facendo desde sempre o servizo nas liñas escolares en Ribeira e A Pobra do Caramiñal”.

O sindicato galego di que se trata de persoal fixo-discontínuo que tiña que ser chamado a incorporarse ao seu traballo co inicio do curso escolar o día 9 de setembro. Neste punto, a CIG asegura ter constancia “dunhas 10 persoas afectadas entre acompañantes e condutores, todas procedentes do Grupo de Empresas Ferrin, aínda que é posíbel que haxa máis”, declarou a CIG hoxe en rolda de prensa, coa presenza do persoal afectado, na que engadiu que “desde o día 9 tiñan que estar de alta na Seguridade Social da empresa, e aínda a data de hoxe iso non aconteceu”, manifestaron dende o sindicato.

Fran Rei, secretario da U.L. As Rias, declarou que “a CIG non vai permanecer cos brazos caídos e xa se están a dar pasos para pedir responsabilidades e facer cumprir a subrrogación, pois a Xunta non debe permitir esta situación e debe obrigar a Monbus a respectar os dereitos dos seus empregados e empregadas, e mais cando de trata dun servizo publico, pagado con cartos de todos e todas. Non descartamos mobilizacións se non somos atendidos”.

Pola súa banda, Francisco Domínguez, traballador afectado, manifestou que “levo máis de 30 anos neste servizo, igual que moitos compañeiros e compañeiras e sempre fomos chamados co inicio do curso, polo que non se entende que Monbus queira desfacerse de nós”. A maiores, dixo, “estanse dando episodios caóticos na implementación do servizo: paradas que non se fan, chegadas tarde aos colexios e as paradas, etc”.

Pola súa banda, a monitoria Melina Santamaria, que si foi subrogada e empezou traballar o día 9 de setembro (dada alta con data do 11 de setembro), comentou que lle falta información sobre a ruta que lle corresponde nin dispón aínda do listado do alumnado que colle o transporte.

Así mesmo están solicitadas desde a CIG sendas reunións cos Concellos de Ribeira e Pobra para tratar a situación que está dando co transporte escolar. “Temos coñecemento de que a Xunta sabe dos problemas, xa que as ANPAs e as direccións dos centros afectados xa foron comunicando a situación desde o primeiro día”, engadiron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.