O BNG de Ribeira reclama ao Concello que “revise de inmediato a presenza de cristais na area do parque infantil de Coroso”

14 Setembro 2026

O BNG emitiu un comunicado de urxencia no que reclama ao Goberno municipal de Ribeira que “revise de inmediato a presenza de cristais de gran tamaño detectados na area do parque infantil de Coroso, recentemente renovado polo Concello”.

Engaden que “pais e nais usuarias deste espazo puxéronse en contacto co BNG para alertar dunha situación que consideran preocupante, especialmente pola presenza de menores nunha zona na que poden producirse cortes e outras lesións”.

Segundo trasladaron as familias ao BNG, non parece tratarse de restos procedentes de botellas recentemente rotas ou dun botellón, “senón de fragmentos que poderían ter chegado coa propia area recentemente colocada nesta zona infantil”, indicaron, engadindo que “é necesario que o Concello determine canto antes a procedencia destes materiais e revise tanto a area empregada como os traballos realizados”.

O BNG recorda que a normativa aplicábel aos espazos de xogo infantil establece precisamente que a area empregada nestas zonas “debe reunir unhas condicións adecuadas de limpeza e seguridade e estar libre de contaminantes, fragmentos punzantes, elementos cortantes ou outros materiais que poidan supoñer un risco para as persoas usuarias”.

“Estamos falando dun parque infantil que acaba de ser renovado e no que as familias están atopando cristais de considerable tamaño na area. É unha situación que ten que ser revisada inmediatamente”, sinala a concelleira do BNG, Cruz Rivadulla.

Rivadulla considera “especialmente preocupante” que este tipo de problemas aparezan nunha actuación recentemente realizada e na que se investiron case 50.000 euros de cartos públicos.

A concelleira nacionalista reclamou ao Goberno municipal que proceda á inspección inmediata da zona, retirando os elementos que poidan representar un perigo e comprobando o estado e a procedencia da area. “Pedimos que o Concello se ocupe de revisar as obras que fai e garanta que están en condicións antes de poñelas ao servizo da veciñanza”, sinalou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.