O Museo do Pobo Galego felicita ao Concello de Rianxo pola devolución da Virxe da Guadalupe de Asorey ao seu emprazamento orixinal de Tanxil

16 Setembro 2026

A presidenta do Museo do Pobo Galego, María Xosé Fernández Cerviño, felicitou esta semana ao Concello de Rianxo polo retorno da escultura da Virxe de Guadalupe do escultor galego Francisco Asorey á praia de Tanxil.

Sinálase na carta recibida polo Concello que “a recuperación da fermosa imaxe de Asorey, creada expresamente para ese emprazamento, constitúe un fito social e cultural ha historia contemporánea de Rianxo”.

E engade: “O Museo espera que este ano, cando a comunidade se congregue para cantar A Rianxeira, a emoción vaia acompañada polo orgullo de recuperar un elemento referencial para o patrimonio do municipio, tan rico e memorábel por múltiples conceptos”.

Como lembraremos, a Virxe de Asorey foi devolvida ao seu emprazamento orixinal (o cantil de Tanxil) este mes de setembro (logo de que fose retirada hai máis de 20 anos do lugar no que se colocara no 1932 por encargo de Ángel Baltar).

O regreso coincidiu coa celebración dun acto público para “festexar o regreso e reposición deste elemento tan representativo do noso patrimonio cultural e da memoria do noso pobo”, segundo indicou o alcalde Julián Bustelo.

Nos últimos tempos a peza foi sometida a diversos traballos dirixidos a restituír o seu esplendor. Entre os elementos que se recuperaron atópanse os seus relevantes motivos decorativos, recuperados no marco da intervención: azulexos vidrados con motivos florais e xeométricos que foron fabricados no seu día na Cerámica Celta de Pontecesures.

Para esta importante actuación, o Concello e o pobo de Rianxo contaron coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.