Navia Espacio de Arte (Vigo) inaugura este martes a mostra “Mulleres” de Jontxu Argibay

14 Setembro 2026

Navia Espacio de Arte (Vigo) inaugura este martes, 15 de setembro ás 18:30 horas, a exposición Mulleres, do artista barbanzán Jontxu Argibay (Castiñeiras, 1976). Trátase da 17ª exposición que acolle este espazo artístico de APAMP – Asociación de Familias e Mulleres con Parálise Cerebral, que continúa así coa súa aposta por achegar a arte contemporánea á cidadanía desde unha perspectiva aberta, inclusiva e accesíbel.

A nova mostra reúne 36 obras, 17 pinturas e 19 esculturas, a través das que o artista con taller en Aguiño ofrece unha mirada íntima, persoal e contemporánea sobre as mulleres: mulleres próximas ao artista e outras figuras coñecidas forman parte dunha proposta na que os rostros, os corpos, as emocións, os oficios e as historias se converten en materia artística.

A exposición presenta diferentes técnicas e linguaxes. As acuarelas parten de instantes e imaxes compartidas nas redes sociais, mentres que os óleos se centran principalmente en amigas e mulleres da contorna do artista, segundo confirma o espazo de arte.

Nas esculturas, o corpo feminino convértese en forma, volume e expresión, nun percorrido por diferentes sentimentos e realidades. Mulleres é, ante todo, unha homenaxe. Unha mirada construída desde a admiración e o respecto, na que Jontxu Argibay busca capturar non só a aparencia das súas protagonistas, senón tamén aquilo que as fai únicas: a súa personalidade, as súas emocións e as súas historias.

Con esta inauguración, Navia Espacio de Arte suma xa 17 exposicións ao longo da súa traxectoria, reafirmando o seu compromiso coa creación de espazos de participación cultural e coa difusión da arte en diálogo coa diversidade. A inauguración contará coa presenza do artista Jontxu Argibay, que acompañará este primeiro encontro do público coa súa obra.

A exposición estará aberta ata o 30 de outubro de 2026.

Navia Espazo de Arte nace para poñer en valor e dinamizar a vida cultural e social da nosa contorna, coa vocación de converterse “nun espazo de referencia a través do cal dar difusión e visibilidade á gran obra artística existente na nosa comunidade”.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.