Os Quinquilláns achegan este venres 18 unha nova visita teatralizada ao Pazo de Goiáns

14 Setembro 2026

O mes de setembro vainos deparar unha nova visita teatralizada ao Pazo de Goiáns (Boiro) a cargo da agrupación Os Quinquilláns. A vindeira sesión (unha visita teatralizada, guiada e comentada) será este venres 18 de setembro ás 19.00 horas. A entrada será libre aínda que as prazas veñen limitadas.

Cómpre facer as inscricións no Centro Social de xeito presencial ou a través do teléfono 981 84 84 25.

O programa de visitas, realizadas polos Quinquilláns, ten como finalidade dar a coñecer a historia do inmóbel a través das personaxes que o habitaron.

Estas sesións divulgativas comentadas están dirixidas a mostrar polo miúdo, dun xeito divertido e tamén divulgativo, os importantes tesouros arquitectónicos e ambientais do pazo e, tamén, a súa historia no tempo.

O programa vén da man do Concello de Boiro e as sesións serán conducidas novamente polo grupo Os Quinquilláns, compañía teatral especializada no teatro de rúa e infantil, que conta cunha longa experiencia recreando algúns dos fitos máis destacados da nosa historia e da nosa cultura.

Organiza o Concello co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.