Deporte e solidariedade únense na Pobra do Caramiñal un ano máis a favor da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) coa III Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes, da cal tamén forman parte activa a Concellaría dos Deportes, a Asociación de...
O Verán Cultural da Pobra achega no ecuador de xullo novos espectáculos: “Anímate” de Expresión e “Son Animal” de Paco Nogueiras
O Verán Cultural trae nesta semana tres actividades para o desfrute da veciñanza e visitantes na Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Cultura. A edil Patricia Lojo destaca que "estes meses de verán vivirase unha intensa actividade nas rúas. Temos música,...
A Xunta inviste 135 M€ dende 2020 na mellora e competitividade da industria conserveira
A industria conserveira está a ser unha aposta irrenunciable para a Xunta de Galicia. Proba delo, e que nos últimos catro anos, a administración autonómica leva destinados ao seu impulso 135 millóns de euros. Este esforzo inversor é posible grazas ao Plan Estratéxico...
As rúas da Pobra celebran a Feira Mariñeira entre o 12 e o 14 de xullo
A Pobra do Caramiñal vestirase de temática mariñeira nesta fin de semana coa feira que, unha vez máis, se converte nun dos pratos fortes da Semana do Mar programada pola Concellaría do Turismo cun evidente carácter lúdico, pero tamén con afán divulgativo para dar a...
A Pobra acolle esta “finde” a Feira Mariñeira (e novos obradoiros de marisqueo)
Un total de 14 persoas procedentes de distintos puntos da xeografía galega e do resto do territorio nacional experimentaron na súa pel o oficio das mariscadoras grazas ao obradoiro de turismo mariñeiro de balde que tivo como escenario a praia dos Areos na mañá deste...
ACTEMSA supera a quebra e presenta plan de negocio para a vindeira década
A empresa alimentaria ACTEMSA, emprazada na Pobra (no Polígono da Tomada) e dirixida á distribución e exportación dos nosos produtos pesqueiros, vén de dar por zanxada a situación delicada pola que pasou neste período post-COVID e aprobou un plan de reestruturación...
A Pobra prepárase para pedalear no 14 de xullo coa Festa da Bici
A trixésimo segunda edición da Festa da Bici da Pobra do Caramiñal convida a pedalear con fin solidario no 14 de xullo. Esta cita que reúne deporte e solidariedade arrancará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán; espazo que tamén se establece como meta....
CONGALSA estreita lazos empresariais con Portugal
CONGALSA, empresa especializada en alimentación de produtos do mar con sede na Pobra do Caramiñal, reforza a súa estratexia internacional estreitando lazos coa principal asociación de empresarios de Portugal, AEP Associaçao Empresarial de Portugal. Deste xeito, a...
A axenda do Verán Cultural da Pobra vén ateigada de actividades de todos os estilos e formatos
A axenda do Verán Cultural da Pobra deseñado pola Concellaría da Cultura virá este ano cargada de actividades para todas as idades e baixo todos os formatos posíbeis. Máis de vinte propostas integran esta axenda, algunhas delas en colaboración coa Rede Cultural da...
Adíase na Pobra o concerto de Os Barbansónicos (Sons da Vila 2024) por mor da chuvia
A chuvia deste 10 de xullo obriga a adiar o concerto de Os Barbansónicos que estaba previsto para esta tarde como inicio do cartel do Sons da Vila para o verán deste 2024. A nova data elixida é a do xoves 11. A hora e o lugar mantéñense: praza Paulino Santos, ás 21.00...
O XI Encontro de Música e Baile Tradicional reunirá na Pobra a máis de 200 integrantes de catro agrupacións
A Pobra do Caramiñal, Ponte Caldelas, Viana do Castelo e Navalcán estreitarán lazos con motivo do XI Encontro de Música e Baile Tradicional. Esta cita de confraternidade arredor do folclore propio de distintas localidades de España e Portugal celebrarase o 13 de...
A Pobra reivindica os seus tesouros marisqueiros cunha nova axenda de obradoiros
Achegarse aos recursos marisqueiros presentes no litoral da Pobra do Caramiñal, coñecer os aparellos que se empregan para a súa extracción, aprender as características máis particulares das distintas especies de bivalvos, meterse na pel das profesionais do mar por...
O Concello da Pobra avanza en patrimonio coa prospección arqueolóxica da Corte do Santo
Despois da adquisición da Casa da Cadea a comezos de ano, o Concello da Pobra do Caramiñal dá un paso máis en materia patrimonial co inicio da escavación do xacemento da Corte do Santo; uns traballos que se levarán a cabo en coordinación coa Universidade de Santiago...
Os concellos de Barbanza Arousa denuncian que a suba do canon de SOGAMA prexudicará á veciñanza
Os concellos de Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) veñen de mostrar o seu rexeitamento ao incremento do canon de SOGAMA, a empresa titularidade da Xunta (51%) e da eléctrica Naturgy (49%) que xestiona os refugallos de case 300 concellos galegos, que...
A Pobra celebra este sábado 13 o XI Encontro de música e Baile tradicional
O sábado 13 de Xullo terá lugar o XI Encontro de música e Baile tradicional na Pobra do Caramiñal no cal cal participarán diferentes agrupacións: banda de gaitas Coribantes de Pontecaldelas, o grupo de danças e cantares Serreleils de Viana do Castelo e a A.C Navalcan...
A diversidade LGTBI+ centrará un faladoiro na Pobra
Por sétimo ano consecutivo, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal atópase adherida á campaña Liberdade de ser e sentir!, da Deputación da Coruña, que levará á Pobra do Caramiñal o faladoiro Diversidade LGTBI+. Destinado a persoas maiores de 16 anos, esta...
As viaxes en catamarán con saída dende A Pobra continúan neste mes de xullo con Sálvora e Ons
Dous novos catamaráns partirán neste mes de xullo dende A Pobra do Caramiñal con dirección ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Despois de que o programa de viaxes comezase no mes de xuño visitando Cíes, no 21 de xullo porase rumbo a Sálvora e...
O Sons da Vila 2024 animará as rúas da Pobra con dez concertos
Até dez grupos levarán a súa música en directo ás contornas das terrazas da Pobra do Caramiñal nos meses de xullo e agosto, no marco do Sons da Vila. Así o fixo saber a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, quen compartiu este luns 8 de xullo o programa de...
O veleiro “Mascato” volve navegar a costa da Pobra a partir de mediados de xullo
O turismo náutico ten unha forte presenza na axenda turística da Pobra do Caramiñal para desfrutar do verán. Unha das actividades que se ofertan para explorar o mar son as viaxes en veleiro. O Mascato volverá navegar as augas da ría da Arousa a partir desta fin de...
Cambios na programación da Semana do Mar 2024
A mala previsión meteorolóxica para estes días obriga a facer cambios na axenda da Semana do Mar 2024, segundo confirmou o Concello da Pobra. Deste xeito, o espectáculo infantil Abordaxe pirata, de Barafunda Teatro, previsto para a tarde deste luns 8, cancélase;...
DAGA Barbanza abre as reservas para participar en ApiPorquiño (na Festa do Porquiño á Brasa)
O domingo 25 de agosto celébrase en Amil- Moraña a Festa do Porquiño Á Brasa, unha importante celebración gastronómica a onde está previsto que acuda xente procedente de todos os recantos da xeografía galega, incluída do Barbanza. Neste caso, dende A Pobar a...
Avanzan as obras de renovación do pavimento da Autovía do Barbanza. Esta semana empezan os traballos na contorna do enlace de Vilariño, en Boiro
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas segue a avanzar nas obras de renovación do pavimento na autovía AG-11 do Barbanza, iniciando durante este vindeira semana os traballos na contorna do enlace de Vilariño, no concello de Boiro. Así, durante os...
Eliminado un vertido de augas residuais en Posmarcos, A Pobra
A Xunta, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar un punto de vertido municipal de augas residuais na parroquia de Posmarcos, na Pobra do Caramiñal. O vertido foi detectado no transcurso dos labores rutineiros de control das redes municipais que realiza o...
Aínda podemos inscribirnos no curso de hidromel de DAGA Barbanza na Pobra
Dende DAGA do Barbanza Salnés (a Delegación da Asociación Galega de Apicultura que dirixe Fernando Cores) chéganos un recordatorio de que están abertas as inscricións para o seu curso formativo de verán para a elaboración de hidromel. Celebrarase o 13 de xullo en...
A Pobra dá a benvida á Semana do Mar cunha exposición de aves mariñas
O cartel da Semana do Mar arranca neste 5 de xullo coa exposición Compañeiras do mar e do ceo, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Composta por media ducia de paneis instalados na Casa Mariñeira, a mostra busca...
A auga da praia dos Areos volve ser apta para o baño
A contraanálise practicada pola Consellaría da Sanidade na praia dos Areos reflicte que a auga volve ser apta para o baño, segundo se lle comunicou no mediodía deste 5 de xullo ao Concello da Pobra do Caramiñal. O Concello confirma que os niveis volven ser os...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Un balón para moitas mans nos anos 60”. Antón Luaces
"O xornal de maior tiraxe de Galicia publicou días pasados unha reportaxe sobre o balonmán en Ribeira sentando as bases do nacemento desta modalidade deportiva nos anos 80 do século pasado cando, na realidade, a explanada do Malecón -o seu cemento vivo levantando a...
“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena
Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...
“Galicia y la Copa del Mundo, unidos desde los orígenes”. Alberto Barciela
El tiempo, en su discurrir inexorable, teje alianzas insospechadas entre la memoria y el porvenir. España, Marruecos y Portugal acogerán en 2030 el centenario de la Copa del Mundo, un hito mayúsculo que enlazará tres continentes y cuya piedra fundacional volverá a...
“Benvidos campións” – Antón Luaces
Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...
“España, dos estrellas. Alberto Barciela
ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...



























