O Concello de Boiro convoca a selección do persoal docente e directivo do programa de emprego Xuventude I

10 Setembro 2024

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a contratación das/os profesionais (director/a, docente e titor/a) que impartirán os contidos do programa de emprego Xuventude I destinado a mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil. O prazo de presentación de instancias abre este mércores e será de cinco días hábiles.

O Concello explicou que os requisitos para formar parte deste proceso selectivo “serán os comúns para o acceso ao emprego público” relativos á nacionalidade, capacidade funcional, habilitación e compatibilidade. Ademais, haberá unhas esixencias específicas para cada un dos postos: no caso do director a titulación de grao; o docente deberá estar en posesión do título de grao e dispoñer do certificado profesional de habilitación para a docencia; no caso do titor/a deberá ter a titulación de licenciatura ou grao en pedagoxía, psicopedagoxía ou psicoloxía.

O programa terá unha duración de 12 meses e formaranse 15 persoas mozas en montaxe de equipos informáticos, operacións auxiliares de manutención de sistemas microinformáticos e operacións auxiliares con tecnoloxías da información e comunicación.

O programa de emprego Xuventude I dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia mediante o Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea e ten por finalidade mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral para a súa cualificación profesional e inserción laboral no mercado de traballo.

As bases e toda a información sobre o proceso selectivo está dispoñible na web municipal. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a contar dende este mércores 11 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.