O Verán Cultural da Pobra despídese cunha fin de semana musical

27 Agosto 2024

A música protagonizará o remate da programación do Verán Cultural na Pobra do Caramiñal. “O mes de agosto chega á súa fin e con el a axenda ao abeiro do Verán Cultural. Durante dous meses tivemos máis de vinte propostas que dinamizaron as rúas con distintas disciplinas artísticas. E que mellor maneira para lle poñe-lo broche de ouro ca cunha asociación con gran dinamismo e arraigamento na nosa localidade e coa nosa banda de música”, declarou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

O Festival X Aniversario Arrancadeira celebrarase en dous días. No 31 de agosto, ás 21.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán, terá lugar un serán coa entidade. E, no 1 de setembro, ás 12.30 horas, haberá pasabares pola vila da man do grupo 7 Ferrados.

A maiores, no 31 de agosto, a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra ofrecerá os concertos de verán. Serán ás 13.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.