A Pobra activa sete zonas para o estacionamento durante o Nazareno

10 Setembro 2024

A Concellaría da Seguridade da Pobra, a través da Policía Local, habilitará diferentes zonas xa recorrentes cara a facilitar o estacionamento do 13 ao 16 de setembro. Esta medida foi tomada ante a previsión de importante afluencia de xente na vila do Caramiñal durante a edición 2024 das Festa do Nazareno. Estes sete puntos do núcleo urbano son: o Gadis situado nos Areos (noite do sábado 14 e todo o día do domingo 15 e do luns 16), no aparcadoiro da rúa Venecia, no de San Lázaro, na explanada portuaria, no Campo da Feira, nas proximidades de acceso ao CEP Salustiano Rey Eiras (estará permitido en ámbolos lados da vía, respectando os vaos e sempre que non se obstaculice a circulación) e no interior do recinto do propio colexio de Bandaseca (só no domingo 15).

Os autobuses que se despracen á localidade no terceiro domingo do mes co gallo da procesión votiva das mortallas, deberán efectuar a parada na explanada portuaria. Ademais, nesa mesma xornada e ata as 15.00 horas, habilitaranse seis prazas de estacionamento destinadas exclusivamente a persoas con mobilidade reducida, na praza Alcalde Segundo Durán, polo que deberán presentar á súa entrada a tarxeta acreditativa da súa situación. A Administración local agradece a disposición, un ano máis, de Gadis por contribuír á cesión do seu espazo para os vehículos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...