A Protectora Moura dará o pregón do Nazareno 2024

06 Setembro 2024

Para as Festas do Nazareno 2024, previstas na Pobra entre os días 13 e 16 de setembro, o Concello decidiu este ano que o pregón recaesenun colectivo: a Protectora Moura. Representantes desta entidade pronunciarán o discurso no venres 13, ás 21.15 horas, dende o balcón da Casa do Concello.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explicaron que esta decisión fundaméntase “no recoñecemento do activismo e do encomiábel labor deste grupo de persoas voluntarias para a defensa dos animais mediante a protección e rescate daqueles en situación desfavorecida ou de desamparo, así como na xestión e seguimento de adopcións”.

Como titular da Concellaría do Benestar Animal, o rexedor destacou tamén o seu traballo no centro de recollida de animais abandonados. “A Administración local ten asinado un convenio con esta protectora, mediante o cal se lle atribúe a xestión desta instalación municipal. Esta entidade animalista goza de gran dinamismo, compromiso no coidado dos animais que alí temos e determinación na busca dun fogar adecuado”, precisou.

Ademais, o Concello quere outorgarlle un matiz característico a este pregón, polo cal convida a veciñanza e visitantes a que asistan coas súas mascotas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...