A Pobra contará cun amplo dispositivo para garanti-la seguridade durante as festas do Nazareno

03 Setembro 2024

Un ano máis, Subdelegación do Goberno na Coruña, Concello da Pobra do Caramiñal e forzas e corpos de seguridade reuníronse para poñer en común as medidas a implantar cara as festas do Nazareno que se desenvolverán do 13 ao 16 de setembro.
A xunta local de seguridade celebrouse na mañá deste 3 de setembro e estivo copresidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e polo alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal.
O Concello porá en marcha un amplo dispositivo con especial énfase na procesión votiva das mortallas, coa finalidade de que transcorra sen incidentes.
Disporase do Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), no interior da praza Alcalde Segundo Durán, e distribuiranse videocámaras por todo o itinerario que remitirán as gravacións ao mencionado camión para o control da comitiva.
Haberá dez efectivos da Policía local da Pobra, que se reforzará con 3 de Ribeira, 3 de Porto do Son e 1 de Brión. Ademais, a Garda Civil estará presente con dúas patrullas e a Protección Civil terá a colaboración
doutros municipios da contorna, polo que se estima que se supere a vintena de persoas voluntarias.
No que respecta á prevención de emerxencias sanitarias, contarase con catro ambulancias asistenciais, un posto sanitario avanzado e catro postos médicos avanzados.
En canto ao estacionamento, habilitaranse diferentes zonas do núcleo urbano e os autobuses que se despracen á Pobra no terceiro domingo deste mes deberán efectua-la parada na explanada portuaria.

Tamén haberá medidas de seguridade cara o espectáculo de drons e fogos de artificio, onde se contará con bombeiros.
En canto a medidas en materia de igualdade, durante estes días poranse en marcha unha serie de accións dentro da liña habitual de traballo da Concellaría da Igualdade. Habilitarase un Espazo Violeta, na praza Alcalde Segundo Durán, para informar e acompañar sobre os pasos a seguir de se producir unha agresión machista, ademais de ofrecer información e realizar actividades encamiñadas á concienciación e sensibilización.


Farase tamén entrega de material divulgativo.
“Todo isto supón un grande esforzo cara a afianza-la seguridade nas festas do Nazareno, sobre todo, na procesión por tratarse dun evento relixioso multitudinario. Consideramos, por iso, que é primordial poñer en
marcha un completo operativo para evitar situacións de risco. E, para que así sexa, poranse a disposición tódolos medios humanos e materiais necesarios”, remarcou o rexedor.
Como titular da Concellaría da Seguridade, o mandatario local tamén quixo destaca-la coordinación que existe entre a Policía local e a Garda Civil para afianza-la seguridade da localidade durante todo o ano. Como unha das decisións que se tomaron neste mandato, mencionou asxuntanzas que se celebran con carácter trimestral para marcar pautas a seguir en actuacións conxuntas e analiza-los datos recadados por cada
corpo.
A subdelegada aproveitou a súa visita ao municipio para poñer en valor os investimentos que o Goberno central levou a cabo no municipio nos últimos anos. O importe sitúase arredor de 5’6 millóns de euros,
principalmente, en materia de recuperación do litoral, eficiencia enerxética e turismo sostible. Entre eles, atópase a recuperación da fachada marítima da Ribeiriña, a rexeneración ambiental na contorna do paseo dos Areos, a rehabilitación do IES da Pobra, a mellora da eficiencia enerxética, o Plan Único de Banda Ancha, accións ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a dixitalización de entidades locais dentro da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes do Camiño de Santiago ou o Plan de Sostibilidade Turística. “Dende a Subdelegación do Goberno temos o compromiso para dar cobertura e garantir esa seguridade tan necesaria
para que a veciñanza poida desfrutar das festas do Nazareno”, declarou Rivas, quen engadiu que outra maneira de amosar ese compromiso coa vila é, ademais da seguridade, a través de ditos investimentos para
mellora-la calidade de vida da cidadanía.
O dito encontro tamén contou coa asistencia da concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos; da edil da Cultura, Patricia Lojo; responsables da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico; da Policía autonómica; da Policía local; da
Protección Civil; da Axega; a asesora xurídica á muller do Concello; e do servizo de ambulancia.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.