O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de prácticas a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
O alcalde quixo trasladarlle os seus parabéns e desexarlle moita sorte nesta nova etapa profesional.
“Con esta incorporación, continuamos reforzando os medios humanos da Policía Local e traballando para mellorar a atención e o servizo que se presta á veciñanza”, sinalou.




