CONGALSA, premiada nos IV Premios de Sustentabilidade Empresarial de Galicia

03 Setembro 2024

A directora de Relacións Externas da empresa CONGALSA, Isabel Cañas, recolleu na mañá deste 3 de setembro o premio que a Xunta de Galicia concedeu á compañía alimentaria da Pobra do Caramiñal ao abeiro dos cuartos Premios de Sustentabilidade Empresarial de Galicia, na categoría de gran empresa.

O evento, presidido polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, serviu para recoñecer as boas prácticas implantadas en materia laboral, ambiental e social, así como o fomento da conciliación e a corresponsabilidade.

Isabel Cañas reivindicou o papel que deben ter as empresas para xerar impacto positivo na sociedade e sinalou que “para CONGALSA é un enorme orgullo recibir este recoñecemento que pon en valor o esforzo que facemos cada día ao apostar pola promoción do respecto ao medio ambiente e o desenvolvemento comunitario co obxectivo de ser parte activa da sociedade.”

Así mesmo, manifestou que o compromiso e as persoas son dúas das palabras chave que “nos definen como empresa e que serven de faro cando poñemos en marcha algún dos múltiples programas de desenvolvemento laboral, de coidado ambiental e de integración social. No corazón de cada empresa comprometida están as persoas. Son elas quen, co seu esforzo diario, a súa creatividade e a súa paixón, materializan os valores que hoxe celebramos”, concluíu.

Ao mesmo tempo felicitou ás outras empresas premiadas, Club Celta de Vigo, premiado na categoría de mediana empresa e Aplicacións de Bombeo Industrial, distinguida polo seu papel no ámbito da conciliación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...