O Concello da Pobra habilita un Espazo Violeta durante as festas do Nazareno

04 Setembro 2024

As Festas do Nazareno desenvolveranse do día 13 ao 16 de setembro; uns días para os cales a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal volve activar Espazo Violeta.

Trátase dunha medida que pon en marcha habitualmente a Administración local en eventos festivos multitudinarios. Este espazo habilitarase no interior da praza do Alcalde Segundo Durán e estará atendido por unha educadora social e por unha psicóloga. Eríxese como unha ferramenta de información e sensibilización, pero tamén de acompañamento sobre os pasos por seguir de se producir unha agresión machista.

O horario está vencellado ao ocio nocturno: das 22.00 horas á 01.00 no venres 13, no sábado 14 e no domingo 15; mentres que será das 21.00 ás 00.00 horas no luns 16.

Alí farase tamén a entrega de material divulgativo, como as pulseiras co lema #apobracontraaviolenciamachista, tapas para vasos contra a submisión química, bolsas de tea ou chapas e adhesivos. No remate de cada noite efectuarase un sorteo cun lote destes obxectos.

Contarase novamente coa colaboración dos establecementos hostaleiros, que disporán dun plano coa localización e os horarios do Espazo Violeta e coordinación coa Policía local e coa Protección Civil, no caso de que existise algún incidente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.