O pleno da Pobra aproba a proposta para participar na 2ª fase do POS+Adicional 2024 da Deputación

13 Setembro 2024

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 12 de setembro, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do pleno da Corporación. Entre outros acordos, destacar que foi aprobada por unanimidade a proposta para participar na segunda fase do POS+Adicional da Deputación da Coruña, Na primeira fase, como lembraremos, destináronse os fondos provinciais ao financiamento de gasto corrente, ao investimento en cinco proxectos (accesibilidade e seguridade nos Areos, accesibilidade e melloras na Praza de Abastos, acondicionamento e accesibilidade paso da praia da Lombiña ao Campo da Alta, saneamento en Ouxo e pavimentado de vías na Tomada) e sufragar os gastos sociais extraordinarios.

A orde do día foi a que figura a seguir:

–Proposta de Alcaldía para participar na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+Adicional 2/2024” da Deputación Provincial da Coruña. Aprobada por unanimidade.

–Proposta de Alcaldía recurso de reposición-votación pleno 1 agosto 2024. Aprobada por unanimidade.

    –Proposta de Alcaldía delegación de competencias para a xestión recadatoria na Deputación Provincial da Coruña. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

      Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñíbel na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

      Outros artigos

      Publicidade

      Revista en papel

      Opinión

      “Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

      “Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

      Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

      “La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

      “La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

      LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

      O Barbanza
      Resumo de privacidade

      Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.