Os campamentos romanos de Santa Baia (A Laracha) e o CastrillĂłn (Touro) foron reconstruĂdos virtualmente ao abeiro do proxecto de investigaciĂłn e divulgaciĂłn Finis terrae, destinado a coñecer e poñer en valor sitios militares do exĂ©rcito romano na provincia da Coruña que foron descubertos nos Ășltimos anos. Este proxecto, no que participa o profesor e escritor da Pobra Manuel Gago, guindou unha manchea de conclusiĂłns sobre estes emprazamentos. Por exemplo que foron encravados en sitios arqueolĂłxicos previos, ampliados coa presenza militar romana, e que foron construĂdos e abandonados con rapidez.
Estes xacementos arqueolĂłxicos foron investigados entre 2002 e 2023 por membros do colectivo romanarmy.eu co apoio da DeputaciĂłn da Coruña, e cos datos elaborĂĄronse detalladas recreaciĂłns virtuais e outros materiais divulgativos accesĂbeis para o pĂșblico. Na presentaciĂłn dos resultados do proxecto participaron o deputado de Patrimonio da DeputaciĂłn da Coruña, XosĂ© LuĂs Penas, JosĂ© Manuel Costa, profesor da Universidade de Salamanca e coordinador do proxecto Finis Terrae, Manuel Gago, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Francisco Alonso Toucido, arqueĂłlogo da empresa Tempos ArqueĂłlogos.
O principal obxectivo cientĂfico do proxecto foi afondar no coñecemento dos momentos iniciais da conquista romana do territorio da actual provincia da A Coruña mediante o uso de metodoloxĂa arqueolĂłxicas. Con este fin, os esforzos concentrĂĄronse no estudo de dous xacementos singulares. O sitio de Santa Baia (A Laracha) presenta a particularidade de que no mesmo lugar existiron un castro da Idade do Ferro e un campamento romano dunhas 5 ha de extensiĂłn. Os traballos arqueolĂłxicos confirmaron a presenza dunha potente muralla no primeiro caso que puido datarse entre os sĂ©culos VI e III a. C., sen que poidan descartarse cronoloxĂas anteriores. As intervenciĂłns demostraron que o campamento, como corresponde a este tipo de fortificaciĂłns temporais, foi construĂdo con rapidez, escavĂĄndose un foso e levantĂĄndose un parapeto de terra detrĂĄs do mesmo. Logo do seu abandono, desmantelouse con igual velocidade.
Pola sĂșa parte, o sitio do CastrillĂłn (Touro) Ă© unha fortificaciĂłn de pequeno tamaño que conta con dous recintos defensivos con dĂșas fases construtivas: un complexo sistema de terrazas que aproveita os afloramentos rochosos locais e unha serie de parapetos levantados con pedra e terra. Polo momento, as investigaciĂłns parecen apuntar âcara a coidada construciĂłn do primeiro sistema antes da chegada dos romanos (sĂ©culos V-IV a. C.)â, mentres que o segundo evidencia âunha rĂĄpida refortificaciĂłn e ampliaciĂłn dos espazos defensivos que se relacione coa chegada dos romanos ĂĄ zonaâ.
Segundo sinalou Costa, âos obxectivos cientĂficos do proxecto cumprĂronse totalmente, pois logramos xerar nova informaciĂłn que nos permitirĂĄ entender mellor este complexo perĂodo histĂłrico e tivemos ocasiĂłn ademais de testar distintas metodoloxĂas cientĂficas que axudarĂĄn a outros investigadores no futuroâ.
Na presentaciĂłn dos resultados lembraron que unha das liñas mĂĄis destacadas do proxecto Ă© âo esforzo por producir materiais divulgativos que facilitaran a divulgaciĂłn do traballo de investigaciĂłn entre a sociedadeâ. Deste xeito, o proxecto apostou por un conxunto innovador de produtos para difundir a investigaciĂłn, colaborando con profesionais de distintos ĂĄmbitos do sector cultural galego que contribuĂron a facer visĂbeis as hipĂłteses dos arqueĂłlogos en relaciĂłn aos xacementos de Santa Baia e O CastrillĂłn. En concreto, inclĂșense ilustraciĂłns a cargo do recoñecido debuxante Alberto Taracido, detalladas recreaciĂłns virtuais das dĂșas fortificaciĂłns investigadas a cargo do Centro InfogrĂĄfico Avanzado de Galiza (CIAG), integrado pro Anxo MijĂĄn, Carlos Paz e Miguel Torre, que se plasman en vĂdeos bilingĂŒes en galego e inglĂ©s e detalladas imaxes.
âAs recreaciĂłns permiten non sĂł crear empatĂa entre os cidadĂĄns e os xacementos arqueolĂłxicos, senĂłn que se converteron mesmo nunha ferramenta para comprobar a viabilidade dalgunhas hipĂłteses do equipo de investigaciĂłnâ, sinalou Manuel Gago, responsĂĄbel desta ĂĄrea, engadindo que âoptamos por botar man das tecnoloxĂas mĂĄis realistas para modelar non sĂł os xacementos, senĂłn a paisaxe da Ă©poca, nas recreaciĂłns mĂĄis ambiciosas de sitios militares romanos feitas ata o momento en Galiciaâ. AsĂ mesmo, sinalou, un podcast realizado polo produtor sonoro Jorge Lama permite trasladar en formato conversacional os resultados nun dos formatos narrativos con maior crecemento nos Ășltimos anos.
O proxecto Finis terrae
O proxecto Finis Terrae estĂĄ coordinado polo profesor JosĂ© Manuel Costa GarcĂa, da Universidade de Salamanca e membro do colectivo de investigaciĂłn Romanarmy, coa execuciĂłn arqueolĂłxica da empresa Tempos ArqueĂłlogos. A iniciativa estĂĄ financiada pola ĂĄrea de Cultura da DeputaciĂłn da Coruña co obxectivo de coñecer como se produciu a penetraciĂłn de Roma no noroeste da PenĂnsula a travĂ©s do estudo dos xacementos localizados nos Ășltimos anos grazas ĂĄs novas tecnoloxĂas. O proxecto contemplou a prospecciĂłn arqueolĂłxica dos sitios, a realizaciĂłn de sondaxes arqueolĂłxicas e a preparaciĂłn de materiais divulgativos que deran conta ĂĄ sociedade dos resultados.