“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

08 Setembro 2026

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro.

Os voluntarios de Cáritas remataron a súa actividade nos campamentos; e, segundo o que se pode ler nos medios que aluden á vida que se desenvolveu neses grupos, nos días que pasaron a carón do mar, destacou o selo afectivo que conseguiron acadar esas organizacións: o agarimo existente entre os participantes nos devanditos encontros. Esa noticia non pode menos que deixarnos ledos a cantos soubemos dela: énchenos de gozo o ver contentos aos rapaces e mais aos voluntarios que coordinaron eses encontros.

Agora, co comezo do curso, xa nos imaxinamos aos nenos co seu macuto de libros colgado dos ombreiros, ou ben tirando del por enriba das pedras da cidade, para se dirixir aos centros de estudo. Por certo, os datos de alumnos de bacharelato en Santiago disque descendeu en 230 respecto dos do curso pasado. Penso que, mais que por rexeitar os mozos o estudo nos Centros onde se imparte a ciencia, deberase, a meu xuízo, ao descenso da natalidade que se vai constatando nestes últimos anos.

Comeza, pois o curso, e os encargados de organizar o referente aos encontros por mor das clases, teñen que promover que, tanto os profesores coma os alumnos, se esforcen en conseguir un estado de cousas propicio para realizar os cometidos de ensino e aprendizaxe nun ambiente sereno e cordial. Sen embargo, na nosa sociedade “hai xente para todo”…: algúns, xa antes de comezar as clases, estiveron pegando carteis e facendo pintadas coas que chamaban a “reavivar a loita nas aulas”. Isto era algo que nos pasados anos promovían grupos incontrolados, que non ousaban poñerlle firma ao que escribían. O peor de todo é que agora eses colectivos póñenlle o seu selo, e son grupos ben coñecidos e recoñecidos…

Precisamente a eses grupos tan familiares para a xente que está no poder, e que intentan dinamitar o ensino cordial nun ambiente de

ilusión e esperanza, hainos que chamar ao orde, e, como dirían os nosos pais e avós, antes de nada retirarlles das nosas rúas esa propaganda tan nefasta. Como afirmaban os nosos vellos, cumpriría dicirlles aos que queren impedir a marcha normal do ensino…: Os colexios e Institutos son para ensinar e aprender os temas propios do estudo -non da loita-, e dese xeito ir crecendo non só en estatura, se non tamén en ciencia. Hai que ter en conta unha máxima que é breve, pero que transmite a verdade: que “Cada cousa é para o que é”.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.